miniatura|245px|Ruínas maias en Belize miniatura|245px|Mapa histórico dos territorios habitados por pobos de lingua maia A civilización maia habitou a América central na actual Guatemala e no Iucatán ao sur do México, cunha rica historia de case 3000 anos, tratándose dunha cultura meso-americana precolombiana. Contrariando a crenza popular, o pobo maia nunca "desapareceu", pois millóns aínda viven na mesma rexión e moitos deles aínda falan algúns dos dialectos da lingua orixinal. Este artigo discorre principalmente sobre a civilización maia antes da conquista española.
Orixe Evidencias arqueolóxicas mostran que os maias comezaron a edificaren a súa arquitectura cerimonial hai uns 3000 anos. Entre os estudosos hai certo desacordo entre os límites e diferenzas entre a civilización maia e a cultura meso-americana preclásica veciña dos olmecas. Os olmecas e os maias antigos, parecen terse influenciado mutuamente.
Os monumentos máis antigos consisten en simples montículos onde construíran tumbas funerarias, precursoras das pirámides erixidas máis tarde.
Eventualmente, a cultura olmeca teríase esvaecido despois de dispersar a súa influencia na península do Iucatán, na Guatemala e noutras rexións.
Os maias construíron as famosas cidades de Tikal, Palenque, Copán, e Kalakmul, tamén Dos Pilas, Uaxactún, Altún Ha, e moitas outras poboacións na área. Desenvolveron un imperio baseado na agricultura despois dunha longa fase de cidades-estado independentes. Os monumentos máis notábeis son as pirámides que construíron nos seus centros relixiosos, xunto aos pazos dos seus gobernantes. Outros restos arqueolóxicos moi importantes son as chamadas estelas (os maias chámanlles Tetún, ou “tres pedras”), monólitos de proporcións considerábeis que describen os gobernantes da época; a súa xenealoxía, os seus feitos de guerra e outros grandes eventos, gravados en caracteres xeroglíficos.
Os maias participaban activamente no comercio en toda a Meso-América e posibelmente alén. Entre os principais produtos do comercio estaban o cacao, o sal, e maila obsidiana.
Arte miniatura|200 px|esquerda|Relevo en estuco no museo de Palenque Moitos consideran a arte maia da Era Clásica (200 a 900 d.C.) como a máis sofisticada e bela do Novo Mundo antigo. As entallas e relevos en estuco de Palenque e o estatuario de Copán son especialmente refinados, mostrando unha graza e observación precisa da forma humana, que recordaron aos primeiros arqueólogos da civilización do Vello Mundo, de aí o nome dado á era.
miniatura|220px|dereita|Mural con fresco en Bonampak Soamente existen fragmentos da pintura avanzada dos maias clásicos, a maioría sobrevivente en artefactos funerarios e outras cerámicas. Tamén existe unha construción en Bonampak que ten murais antigos e que afortunadamente, sobreviviron a un accidente.
Co descifrado da escrita maia descubriuse que esa civilización foi unha das poucas nas cales os artistas escribían o seu nome nos seus traballos.
Arquitectura A arquitectura maia abrangue varios milenios; aínda así, máis dramática e facilmente recoñecíbeis como maias son as fantásticas pirámides escalonadas do final do período preclásico en diante. Durante este período da cultura maia, os centros de poder relixioso, comercial e burocrático creceron para se tornaren incríbeis cidades como Chichén Itzá, Tikal e Uxmal. Debido as súas moitas semellanzas así como diferenzas estilísticas, os restos da arquitectura maia son unha chave importante para o entendemento da evolución da súa antiga civilización.
Deseño urbano Aínda que as cidades maias estivesen dispersas na diversidade da xeografía da Meso-América, o efecto do planeamento parecía ser mínimo; as súas cidades construíronse dunha maneira un pouco descoidada, como ditaba a topografía e declive particular. A arquitectura maia tendía a integrar un alto grao de características naturais. Por exemplo, algunhas cidades existentes nas planicies de pedra calcaria no norte do Iucatán convertéronse en municipalidades moi extensas en canto que outras, construídas nos outeiros do río Usumacinta, utilizaron os declives e montes naturais da súa topografía para elevaren as súas torres e templos a alturas impresionantes. Aínda así, prevalece algún sentido de orde, como é requirido por calquera gran cidade. No comezo da construción en grande escala, xeralmente se estabelecía un aliñamento coas direccións cardinais e, dependendo do declive e das dispoñibilidades de recursos naturais como auga fresca (pozos ou cenotes), a cidade crecía conectando grandes prazas coas numerosas plataformas que formaban os fundamentos de case todos os edificios maias, por medio de calzadas ou sacbeob. No corazón das cidades maias existían grandes prazas rodeadas por edificios gobernamentais e relixiosos, como a acrópole real, grandes templos de pirámides e ocasionalmente canchas de xogo de bóla. Inmediatamente para fóra destes centros rituais estaban as estruturas das persoas menos nobres, templos menores e santuarios individuais. Entrementres, canto menos sagrada e importante era a estrutura, maior era o grao de privacidade. Unha vez estabelecidas, as estruturas non eran desviadas das súas funcións nin outras eran construídas, mais as existentes eran frecuentemente reconstruídas ou remodeladas. As grandes cidades maias parecían tomar unha identidade case aleatoria, que contrasta profundamente con outras cidades de meso-américa como Teotihuacán na súa construción ríxida e cuadriculada. Aínda que a cidade se dispuxese no terreo na forma en que a natureza ditara, púñase coidadosa atención á orientación direccional dos templos e observatorios para que fosen construídos de acordo coa interpretación maia das órbitas das estrelas. Fóra dos centros urbanos, constantemente en evolución, había os lugares menos permanentes e máis modestos do pobo común.
O deseño urbano maia pode describirse sinxelamente como a división do espazo en grandes monumentos e calzadas. Neste caso, as prazas públicas ao ar libre eran os lugares de reunión para as persoas. Por esta razón, o enfoque no deseño urbano tornaba o espazo interior das construcións completamente secundario. Soamente no período posclásico tardío, as grandes cidades maias convertéronse en fortalezas que xa non posuían a maioría das veces, as grandes e numerosas prazas do período clásico.
Materiais de Construción Un aspecto sorprendente das grandes estruturas maias é a carencia de moitas das tecnoloxías avanzadas que poderían parecer necesarias a tales construcións. Non hai noticia do uso de ferramentas de metal, roldanas ou vehículos con rodas. A construción maia requiría un elemento con abundancia, moita forza humana aínda que contase con abundancia dos materiais restantes, facilmente dispoñíbeis. Toda a pedra usada nas construcións maias parece ser extraída de lugares canteiros, con maior frecuencia era usada pedra calcaria, que aínda que extraída e exposta, permanecía afábel para traballarse e puída con ferramentas de pedra, só endurecendo moito tempo despois. Alén do uso estrutural de pedra calcaria, esta era usada en argamasas feitas do calcario queimado e moído, que ten propiedades moi semellantes ás do actual cemento, xeralmente usada para revestimentos, teitos e acabamentos e para unir as pedras sen obstáculos de, co pasar do tempo e da melloría do acabamento das pedras, reduciren esta última técnica xa que as pedras pasaron a se encaixar case perfectamente. Aínda así, o uso da argamasa permaneceu crucial nalgúns teitos de postes e vergas sobre portas e fiestras (lintel). Cando se trataba das casas comúns, os materiais máis usados eran as estruturas de madeira, adobe nas paredes e cobertura de palla, aínda que teñan sido descubertas casas comúns feitas de pedra calcaria, e se non total parcialmente. Aínda que non era moi común, na cidade de Comalcalco, encontráronse ladrillos de barro cocido, posibelmente foi a solución encontrada para o acabamento en virtude da falta de depósitos substanciais de boa pedra.
Proceso de Construción dereita|miniatura|280px|Templo de Palenque Todas as evidencias parecen suxerir que a maioría dos edificios foi construída sobre plataformas aterradas cuxa altura variaba de menos dun metro, no caso de terrazos e estruturas menores, a até corenta e cinco metros no caso de grandes templos e pirámides. Unha trama inclinada de pedras partía das plataformas en polo menos un dos lados, contribuíndo para a aparencia bisimétrica común á arquitectura maia. Dependendo das tendencias estilísticas que prevalecían na área e época, estas plataformas construíanse dun corte e unha porción de terra e entullos densamente compactados. Como no caso de moitas outras estruturas, os relevos maias que os adornaban, case sempre se relacionaban co propósito da estrutura á que se destinaban. Despois de terminadas, as grandes residencias e templos eran construídas sobre as plataformas. En tales construcións, sempre erguidas sobre tales plataformas, é evidente o privilexio dado ao aspecto estético exterior en contrapunto coa pouca atención á utilidade e funcionalidade do interior. Parece haber un certo aspecto repetitivo canto aos vans das construcións nos cales os arcos (como curvas) son raros, mais frecuentemente son rectos, angulados ou imbricados, tentando máis reproducir a aparencia dunha cabana maia que efectivamente incrementar o espazo interior. Como eran necesarias grosas paredes para sustentar o teito, algúns edificios das épocas máis posteriores utilizaron arcos repetidos ou unha bóveda arqueada para construír o que os maias denominaban pinbal, ou saunas, como a do Templo da Cruz en Palenque. Aínda que completadas as estruturas, a elas íanse anexando extensos traballos de relevo ou polo menos argamasa para aplanar calquera imperfección. Moitas veces baixo a argamasa encontráronse outros traballos de entallas e linteis e até mesmo pedras de fachadas. Comunmente a decoración con faixas de relevos facíase ao en redor de toda a estrutura, provendo unha gran variedade de obras de arte relativas aos habitantes ou ao propósito do edificio. Nos interiores, e especialmente en certo período, foi común o uso de revestimentos con argamasa primorosamente pintados con escenas do uso cotiá ou cerimonial.
Hai suxestión de que as reconstrucións e remodelacións ocorrían en virtude do cumprimento dun ciclo completo do calendario maia de conta larga, de 52 anos. Actualmente, pénsase que as reconstrucións eran máis instigadas por razóns políticas que polo cumprimento do ciclo do calendario, xa que tería habido coincidencia coa data da asunción de novos gobernantes. Non obstante, o proceso de reconstrución encima de estruturas vellas é unha práctica común. Notabelmente, a acrópole de Tikal parece ser a síntese dun total de 1.500 anos de modificacións arquitectónicas.
Construcións Notábeis
Plataformas Cerimoniais Estas eran comunmente plataformas de pedra calcaria con muros de menos de catro metros de altura onde se realizaban cerimonias públicas e ritos relixiosos. Construídas nas grandes plataformas, eran ao menos realzadas con figuras talladas en pedra e ás veces tzompantli ou unha estaca usada para exhibir as cabezas das vítimas, ou sexa, os opoñentes derrotados nos xogos de bóla meso-americanos.
Palacios miniatura|260px|Tikal: templo ΙΙ, unha pirámide de tres corpos Grandes e xeralmente moi decorados, os palacios xeralmente estaban próximos do centro das cidades e hospedaban a elite da poboación. Calquera palacio real grande, ou polo menos que tivese varias cámaras ou fose erguido en varios niveis, foi chamado de acrópole. Tales construcións consistían en varias pequenas cámaras ou polo menos un patio interno, parecendo feitas para serviren de residencia a unha persoa ou pequeno grupo familiar decorada como tal.