A diocese de Alcalá de Henares (en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Madrid. En 2012 contaba con 686.161 bautizados sobre unha poboación total de 807.248 habitantes. O seu bispo dende 2023 é Antonio Prieto Lucena.

Territorio A diocese abrangue parte da Comunidade de Madrid. A sé episcopal é a cidade de Alcalá de Henares, onde está a Catedral dos Santos Xusto e Pastor. O territorio está organizado en 92 parroquias.

Historia A diocese actual foi erixida o 23 de xullo de 1991, coa bula Cum Venerabilis Frater do papa Xoán Paulo II, en territorios da arquidiocese de Madrid, da que pasou a ser sufragánea.

Episcopoloxio Bispos de Alcalá de Henares Manuel Ureña Pastor (23 de xullo de 1991 - 1 de xullo de 1998, nomeado bispo de Cartaxena en España) Jesús Esteban Catalá Ibáñez (27 de abril de 1999 - 10 de outubro de 2008, nomeado bispo de Málaga) Juan Antonio Reig Plà (7 de marzo de 2009 - 21 de setembro de 2022, retirado) Antonio Prieto Lucena (noemado o 1 de abril de 2023)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina Categoría:Divisións territoriais católicas en España