Ramón Bermúdez de Castro Plá, nado en Viveiro en 1881 e finado na Coruña o 22 de marzo de 1972,ABC, 28-3-1928. foi un militar e político galego. Traxectoria Coronel de Cabalería. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado Delegado Gobernativo de Coruña-Carballo en novembro de 1925El Compostelano, 3-11-1925, p. 3. e Gobernador civil da provincia de Lugo en novembro de 1928,El Regional, 3-11-1928, p. 3., cesando en febreiro de 1930.Las Riberas del Eo, 8-2-1930, p. 6.. Coa chegada da Segunda República solicitou o retiro e foi o primeiro presidente de Renovación Española. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado outra vez Gobernador civil de Lugo (1936-1937). Foi comandante militar de Astorga (1939), presidente da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo e presidente da Confederación de Caixas de Aforro (1965).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Está soterrado en Galdo (Viveiro).

Obras Ideas e ideales de la diferenciación nacional, 1948. El amor a la patria, 1950. Recoñecementos

Medalla ao Mérito na categoría de ouro do Concello da Coruña. Vida persoal

Casou en 1910 con María Dolores Rebellón Basanta e foi pai de Concepción, Alfredo, Dolores e Fernando Bermúdez de castro Rebellón.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-3-1972, p. 23. Notas

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Finados en 1972 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos de Renovación Española Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega