A República dos Tuva«Tuva, República de». (; ), ou Tuva (), é unha república rusa. Está localizada no centro xeográfico de Asia, no sur de Siberia. A súa capital é a cidade de Kyzyl. Segundo o censo de 2010 ten unha poboación de 307.930 habitantes.

Cultura miniatura|Competición de loita no estadio "Хүреш" ("Khuresh"). miniatura|Unha iurta en Tos-Bulak O pobo tuva é famoso polo seu canto de gorxa ou Xöömej. Khuresh, a forma tuva de loita, é un deporte moi popular. As competicións desta disciplina celébranse anualmente no festival Naadym de Tos-Bulak.

Sainkho Namtchylak é unha das poucas cantantes de Tuva cun recoñecemento internacional. Está moi involucrada na cultura tuva, e cada ano convida a artistas occidentais a actuar en Kyzyl e que descubran o país, a súa cultura e a súa música. Kongar-ool Ondar tamén ten un certo recoñecemento no mundo occidental, en gran medida por aparecer en Genghis Blues xunto co cantante Paul Pena. Huun-Huur-Tu é outro dos expoñentes da música de Tuva da década de 1990, e Alash acadou a fama na década do 2000.

A lingua tuva pertence á familia turca, malia que moitas palabras proceden do mongol. Escríbese no alfabeto cirílico modificado, mais no pasado empregáronse runas turcas, a escrita mongol e o alfabeto latino.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aldan-Maadyr Ligazóns externas Páxina oficial da República dos Tuva

Categoría:Repúblicas de Rusia