A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) é un centro superior de ensinanzas artísticas de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ofrece as titulacións propias dos estudos superiores de arte dramática nas especialidades de Interpretación, Escenografía, Dirección escénica e Dramaturxia. Ten a súa sede na rúa Poza Cabalo de Navia, Vigo.

Historia Existen numerosas escolas teatrais de ámbito galego que precederan á creación de ESADg. Entre elas, cabería destacar a Escola Rexional Galega de Declamación (1903), o Conservatorio Nazonal de Arte Galego (1919), a Escola Dramática Galega (1922) e, máis recentemente, a Escola Dramática Galega de 1978.

A ESAD de Galicia foi inaugurada de xeito oficial en xuño de 2005 e rematou por recibir a actual denominación a comezos de 2006A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia foi creada mediante o Decreto 145/2005 o 2 de xuño de 2005 e publicado no Diario Oficial de Galicia o 6 de xuño dese mesmo ano.. En setembro de 2005 comezaron as actividades lectivas coa apertura dos itinerarios de Interpretación Textual e de Dirección escénica. A estes percorridos engadiuse o de Dramaturxia en 2008 e o de Escenografía en 2009. A adaptación dos estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior produciuse en 2010 e dous anos despois, en 2012, incorporouse o itinerario de Interpretación Xestual á oferta educativa do centro.

Ensinanzas A ESAD de Galicia ofrece o Título Superior de Arte Dramática (equivalente para todos os efectos á titulación de Grao universitario), nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía, e Interpretación, tanto Textual como Xestual. Notas

Véxase tamén Outros artigos Escola Municipal de Teatro de Vigo Arte dramática Ligazóns externas Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD de Galicia)

Categoría:Institucións de ensino de Galicia Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Cultura en Vigo Categoría:Escolas de arte