Jesús Sánchez Gallego, nado en Padrón no ano 1936 e finado en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2019, foi un pintor galego con estudos en Belas Artes.

Obra A súa primeira exposición foi en Sevilla no ano 1968, expuxo dende entón noutros lugares do mundo; no ano 1972 os seus cadros viaxaron ata Suíza, tamén se mostrou a súa obra en galerías de arte da Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Elaborou, por encargo da Xunta de Galicia, grandes murais e dípticos que anunciaron os Xacobeos do ano 1993, 1999, 2004 e 2010. No 2010 incluíuse un dos cadros de Sánchez Gallego na exposición conmemorativa dos 20 anos do Xacobeo.

Algunhas pezas da súa obra foron adquiridas por distintos organismos oficiais; o Parlamento de Galicia, os Concellos de Padrón, da Pobra do Caramiñal, entre outros, posúen varios óleos de Sánchez Gallego.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Padrón Sanchez Gallego Categoría:Nados en Padrón