Isidoro Cid Rivo, nado en Seixalbo (Ourense) o 29 de xaneiro de 1899 e finado en Montevideo o 5 de novembro de 1979, foi un mestre galego.

Traxectoria Mestre en Paderne, trasladado a Vigo en 1934. Vencellado ao PCE, foi secretario da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo, (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)" secretario da Sociedade de amigos da URSS e secretario do Ateneo de Vigo..

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense."Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6. Saíu de Lisboa cara Uruguai xunto coa muller e tres fillas. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar e declarado en rebeldía. En Montevideo traballou na Casa de Galicia como cobrador. Colaborou en Galicia (México, 1943-1947). Participou na creación da ORGAPE (Organización Regional Gallega de Ayuda al Pueblo Español), e formou parte da súa Comisión Executiva. Foi secretario da delegación da UGT no Uruguai. En setembro de 1945 integrouse na Alianza Nazonal Galega de Montevideo, da que foi secretario de propaganda. Foi director de Galiza órgano do Frente Nazonal Repubricano Galego en Uruguay, colaborou en España Democrática e posiblemente na audición radial Sempre en Galicia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galiza (Montevideo) (1951), dirixida por Cid, voceiro do Frente Nazonal Repubricano Galego en Uruguay. Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes