Mirza Teletović, nado o 17 de setembro de 1985 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un ex xogador profesional de baloncesto bosníaco que xogou seis tempadas na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Teletović debutou coma profesional no Sloboda Tuzla bosníaco durante a tempada 2002-03. Na súa primeira tempada no club, acadou 7.2 puntos e 2.7 rebotes por partido, mentres que na segunda tempada incrementou eses números ata os 26.4 puntos e 6.6 rebotes por encontro, en 17 partidos disputados.

En 2004, Teletović fichou polo BC Oostende belga, onde xogou dúas tempadas. No ano 2006 fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB, equipo co cal debutou na Euroliga. Co paso das tempadas converteuse no capitán do Baskonia e nun dos xogadores máis importantes do equipo.

O 3 de xullo de 2012, Teletović acordou cos Brooklyn Nets un contrato de 3 anos e 15.6 millóns de dólares. Este contrato foi cambiado a un contrato de 3 anos e 9 millóns de dólares. Fixo o seu debut na NBA o 5 de novembro de 2012 contra os Minnesota Timberwolves.

O 27 de setembro de 2018, Teletović anunciou a súa retirada coma xogador profesional.Mirza Teletovic, doble campeón de la ACB con el Baskonia, anuncia su retirada

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Mostar Categoría:Xogadores de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do BC Oostende Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks