A proteína caldesmón é unha proteína que se une á calmodulina que está codificada nons humanos no xene CALD1 do cromosoma 7.
Igual que a calponina ou a troponina, a proteína caldesmón inhibe tonicamente a actividade de ATPase da miosina. Actúa no músculo liso.
É unha proteína que se une á calmodulina e á actina que xoga un papel esencial na regulación da contracción do músculo liso e da motilidade e secreción de células non musculares, xa que se localiza en estruturas subcelulares relacionadas coa motilidade, cambios de forma e exocitose e endocitose.K. Pritchard, C.J. Moody. Caldesmon: A calmodulin — Binding actin — Regulatory protein. Cell Calcium. Volume 7, Issues 5–6, December 1986, Pages 309–327. DOI 10.1016/0143-4160(86)90035-7. O dominio conservado desta proteína posúe actividades de unión ao Ca++-calmodulina, actina, tropomiosina, miosina, e fosfolípidos. Esta proteína é un potente inhibidor da MgATPase da miosina activada pola actina-tropomiosina, e serve como factor mediador para a inhibición dependente do Ca++ da contracción do músculo liso. O splicing alternativo deste xene dá lugar a múltiples variantes de transcritos que codifican distintas isoformas.
Inmunoquímica
En inmunoquímica de diagnóstico, a caldesmón é un marcador para a diferenciación do músculo liso.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Proteínas