Wilfrid Fox Napier, nado o 8 de marzo de 1941 en Swartberg (Unión de Suráfrica), é un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo metropolitano de Durban dende 1992. Traxectoria Wilfried Napier naceu o 8 de marzo de 1941 en Swartberg, entón parte da Unión de Suráfrica, estado predecesor da Suráfrica actual.
O 25 de xullo de 1970 foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores polo bispo de Kokstad, John Evangelist McBride.
O 29 de novembro de 1980 foi nomeado bispo de Kokstad, recibindo a consagración episcopal o 28 de febreiro de 1981 de mans do arcebispo de Durban Denis Eugene Hurley.
O 29 de marzo de 1992 o papa nomeouno arcebispo de Durban, e no consistorio do 21 de febreiro de 2001 Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Francesco d’Assisi ad Acilia.
Sucesión episcopal Bispos consagrados por Wilfrid Napier Michael Vincent Paschal Rowland (1983) Fritz Lobinger (1988) William Matthew Slattery (1994) Oswald Georg Hirmer (1997) Paul Mandla Khumalo (2002) Jabulani Adatus Nxumalo (2002) Barry Alexander Anthony Wood (2006) Thomas Graham Rose (2008) Stanisław Jan Dziuba (2009)
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados na provincia do Cabo Occidental Categoría:Bispos católicos de Suráfrica Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais de Suráfrica Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II