El Eco Escolar foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1863.

Historia e características Subtitulado Hoja diaria compostelana de noticias, avisos e intereses generales, apareceu o 2 de xaneiro de 1863. Primeiramente editábase diariariamente, logo pasou a ser semanal e despois apareceu tres veces á semana. Sufriu modificacións nos seus subtítulos, na súa cabeceira e na súa periodicidade. A partir do 8 de xaneiro subtitulouse Revista semanal compostelana científica, literaria y de intereses generales, despis pasou a Revista semanal de intereses generales. A partir do número 28 cambiou o subtítulo por Periódico compostelano de noticias, avisos e intereses generales, a partir do 32 Periódico literario, de noticias, avisos e intereses generales e a partir do 48 Periódico de intereses morales y materiales, científico y literario. Cambiou a súa cabeceira a partir do número 51, pasando a denominarse El Eco Compostelano co subtítulo Periódico de intereses morales y materiales, noticias y anuncios, pero continuando coa numeración. Fundado e dirixido por Ramón Otero Acuña e editado por José Rodríguez Ruibal. Entre os seus colaboradores figuraron José Domínguez Izquierdo, Francisco Romero Blanco, Heliodoro Cid, Vicente Cid Osorio, Luís Fernández Deus, Romualdo de Acevedo, Julián Obaya e Antonio García Vázquez-Queipo. Publicou "O gaiteiro", de Rosalía de Castro, e "María na crucifixión de Xesús", de López de la Vega, pero prescindiu dos contidos literarios nos últimos números.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1863 en Galicia