miniatura|Bisonte americano (Bison bison). miniatura|Vaca rubia galega (femia de Bos taurus). miniatura|Cebú (Bos indicus). miniatura|Saola (Pseudoryx nghetinhensis). miniatura|Búfalo africano, ou búfalo cafre (Syncerus caffer).
A dos bovininos (Bovini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos.
Esta tribo comprende de grandes a moi grandes herbívoros, entre eles animais domésticos de grande importancia económica para os seres humanos, como o búfalo doméstico e o iac, así como parentes asiáticos máis pequenos e grandes bóvidos de vida libre como o búfalo africano e os bisontes americano e europeo.
Taxonomía
A tribo foi definida en 1921 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" (publicada en London Medical Repository 15: 296–310).
O termo do latín científico Bovini adáptase aquí como bovininos para non confundilo co nome da subfamilia, bovinos (Bovinae), adaptando a desinencia empregada para formar os nomes das tribos, -íni, como -inini, igual que se fai noutros idiomas romances, como o portugués,Bovininos en Campoagro.com.br ou o castelán.Bovinos en Universidad de Salamanca. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
A continuación faise unha relación dos actuais xéneros e especies:Coa excepción, por razóns didácticas, do uro.
Tribo Bovini Xénero Bison Bison bison - bisonte americano Bison bonasus - bisonte europeo Xénero Bos Bos primigenius - uro (extinguido) Bos javanicus - banteng Bos gaurus - gauro Bos frontalis - gaial Bos mutus - iac Bos taurus - boi doméstico (considerado, cada vez máis, como unha subespecie de Bos primigenius) Bos indicus - cebú Bos sauveli - cuprei Xénero Bubalus Bubalus bubalis - búfalo acuático Bubalus depressicornis - anoa das chairas Bubalus quarlesi -anoa de montaña Bubalus mindorensis - tamarao Xénero Pseudoryx Pseudoryx nghetinhensis - saola Xénerto Syncerus Syncerus caffer - búfalo africano
Evolución As relacións máis próximas a esta tribo son coas tribos Boselaphini e Tragelaphini. O antepasado común de todas as especies dos Bovini parece ser que viviu hai uns 5 millóns de anos. Os primeiros clados que diverxeron foron os das especies dos búfalos (xéneros Bubalus e Syncerus). A continuación separáronse os clados das especies banteng e gauro e o touro doméstico.É posíbel que tamén existira un cuarto clado que comprendería aos bisontes e os iacs.Maceachern S.; McEwan J. & Goddard M. (2009): "Phylogenetic reconstruction and the identification of ancient polymorphism in the Bovini tribe (Bovidae, Bovinae)", BMC Genomics 10 (1): 177. Resumo
Árbore filoxenética
Recentes estudos de filoxenia permitiron establecer a árbore filoxenética seguinte:Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls". En Donald R. Prothero et Scott E. Foss, dir. The Evolution of Artiodactyls. ISBN 978-0-8018-8735-2.
Nótese que a posición do xénero Bison está en discusión.
Importancia económica Os bovininos están presentes en todos os continentes. A súa poboación global ascende a 1,5 billóns cabezas (das que 1,4 billóns son vacúns e 150 millósnes cebús).
Empréganse para o traballo agrícola, aspecto importante aínda nos países subdesenvolvidos, para o aproveitamento do leite, que ademais de ser un fundamental alimento é unha fonte importante de graxa (manteiga), e da carne (excepto na India). Tamén se utiliza a súa pel (para a fabricación do coiro), os seus cornos, e a bosta, como fertilizante, ademais de utilizarse, seca, como combustíbel nalgúns países, e mesmo para a construción de vivendas (cabanas), como entre os masais de Kenya.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Bóvidos Bovinos Vaca
Ligazóns externas Bovinae en ultimateungulate.com
Categoría:Bovinos