Jesús Manuel Ferreiro, nado en Melide o 5 de outubro de 1968, é un piloto de rally galego que competiu en diferentes competicións coma o Campionato de Galicia de Rally ou o Campionato de España de Rallys case sempre con vehículos de tracción traseira. Foi campión galego de históricos en tres ocasións (1994, 2000 e 2002) e campión de España, tamén na categoría de históricos en catro ocasións (2007, 2012, 2014 e 2021).

Traxectoria Comezou a competir en diferentes probas de Galicia a finais dos anos 80 cun SEAT 124. Con este coche disputou varias probas do Campionato de Galicia de Rallys de Terra e posteriormente pasou a competir cun Ford Escort MKII, co que disputaría gran parte da súa carreira deportiva. Entre 2004 e 2006 conseguiu en catro ocasións finalizar cuarto en varias probas no campionato galego: no Rally San Froilán, no Rally do Cocido e no Rally Ourense-Baixa Limia. En 2006 debutou ademais no campionato de España cun Ford Sierra RS Cosworth no Rally de Ferrol onde abandonou. Ao ano seguinte disputou cinco probas do campionato nacional onde logrou un 17º posto en Ourense como mellor resultado. En 2008 alternou de novo o campionato de España con dúas probas do galego. En 2009 disputou so catro probas, unha delas, o Rally de Galicia Histórico onde lograría a vitoria co Ford Escort MKI. Disputa tamén o Rali de Vila Verde en Portugal.

En 2010 comezou a saír fora da comunidade galega mais asiudamente, alternando probas do Campionato de España de rally Históricos, onde lograría a vitoria no Rally de Galicia Histórico. Participou en dúas probas de Portugal logrando a segunda posición no Rali de Portugal Revival e a vitoria no Rali de Vila Real cun Porsche 911 Carrera RS. Tamén logaría o triunfo no Rally Solo Escort. En 2011 disputou catro probas do nacional de históricos co Porsche 911 co que lograría dúas vitorias: Rally Liérganes e Rally de Galicia Histórico, por terceiro ano consecutivo.

2012: Campión de España de Históricos miniatura|Ferreiro co Porsche 911 no Rally de Galicia Histórico de 2012. En 2012 afrontou de novo o campionato nacional e logrando seis segundos postos, Rally Rutas Cántabras, Rally de España Histórico, Rally Villa de Pravia, Rally Costa Brava e a vitoria no Rally de Galicia logrando o título de campión de España. Participou tamén dúas veces no CAM Rally Festival (Portugal) sendo segundo e décimo cuarto. Ao ano seguinte participou tan solo en tres probas do nacional: Rally de España, onde foi segundo, no Rally Gran Canaria onde abandonou por avaría mecánica no Rally Costa Brava co Ford Escort MKI onde foi excluído.

2014

Na tempada 2014 Ferreiro dominou o campionato de principio a fin, logrando a vitoria en todas as probas: Rally de España, Rally Costa Brava, Rally de Gran Canaria (segundo na clasificación xeral pero primeiro no campionato de España), Rally de Avilés e Rally de Extremadura, onde sumou a sexta vitoria consecutiva a asegurouse matematicamente o título a falla de dúas probas para o remate do campionato.

Resultados Campionato de Galicia de Rally Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos2004Ford Escort MK2COC10RDNSDAALBNAROBLBOTRetLUG42005Ford Escort MK2COC4CONALBNAR12BXL4BOTRDNLUG?2006Ford Escort MK2COC4RDNALBNARRetCONBXLLAC?LUGBOT2008Ford Escort MK2COC17RDNALBNARCONCDU25LUGBXL

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1968