Montserrat Abelló i Soler, nada en Tarragona o 1 de febreiro de 1918 e finada en Barcelona o 9 de setembro de 2014, foi unha poeta e tradutora catalá. Traduciu poetas anglosaxoas como Sylvia Plath. Obtivo algún dos galardóns máis relevantes das letras catalás como o Premio de Honra das Letras Catalás e o Premio Nacional de Cultura.
Biografía Naceu en Tarragona mais pasou a infancia e a mocidade entre varios lugares (Tarragona, Cádiz, Londres e Cartaxena), seguindo a mobilidade laboral do seu pai. Estudou en Barcelona, en cuxa facultade de Filosofía e Letras coñeceu a Carles Riba. En 1936 foi profesora de inglés en Valencia e o movemento na súa vida aumentou despois de 1939, cando tivo que se exiliar a Francia, ao Reino Unido (onde levou a termo tarefas de axuda aos refuxiados) e a Chile, onde traballou na empresa de seu pai en Valparaíso e, posteriormente, como profesora de inglés na Escola Suíza de Santiago de Chile.«Montserrat Abelló i Soler». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. (en catalán) Neste país suramericano viviu unha vintena de anos.
Volveu a Barcelona en 1960, onde traballou como ensinante na Institució Cultural del CIC de Barcelona ata a xubilación. Ademais de escribir, nestes anos traduciu autores como Agatha Christie, Iris Murdoch, E. M. Forster e, sobre todo, Sylvia Plath, de cuxa poesía a sorprendeu a semellanza coa súa propia. Comezou a publicar tamén por aqueles anos. Traduciu ao inglés as obras de clásicos cataláns como Salvador Espriu, Mercè Rodoreda, Maria Àngels Anglada, Maria Mercè Marçal e Olga Xirinacs. A súa obra foi traducida ao inglés, ao castelán, ao galego, ao éuscaro, ao italiano, ao romanés, ao alemán e mais ao ruso. É coautora da antoloxía Paisatge emergent: trenta poetes catalanes del segle XX (1999). Participou nos libros de ensaio Cartografies del desig (Cartografías do desexo) (1998) e Memòria de l'aigua (Memoria da auga) (1999).«Montserrat Abelló i Soler» no Qui és Qui de les Lletres Catalanes. (en catalán)
Autora dunha longa traxectoria de compromiso co feminismo literario, colaborou na IV Feira Internacional do Libro Feminista en 1990, no Congreso do PEN Clube Internacional 1992 e foi unha das fundadoras do Comité de Escritoras do Centro Catalán do PEN en 1995.
En 1998 concedéuselle a Premio Creu de Sant Jordi e en 2008 recibiu o Premio de Honra das Letras Catalás en recoñecemento á súa longa traxectoria. En xullo do 2008 tamén foi galardoada co Premi Nacional a la Trajectòria Professional i Artística concedido pola Generalitat de Cataluña en recoñecemento ao feito de «que deu voz á vida diaria das mulleres cuha linguaxe propia».
Obra Poesía Vida diària (1963) Vida diària. Paraules no dites (1963) El blat del temps (1986) Foc a les mans (1990) L'arrel de l'aigua (1995) Són màscares que m'emprovo... (1995) Dins l'esfera del temps (1998) Al cor de les paraules. Obra poètica 1963-2002 (2002) Asseguda escrivint (2004) Memòria de tu i de mi (2006) El fred íntim del silenci (2009)
Estudos literarios Cares a la finestra: 20 dones poetes de parla anglesa del segle XX (1993) Paisatge emergent: trenta poetes catalanes del segle XX (1993)
Galardóns Premio Creu de Sant Jordi 1998 Premio Crítica Serra d'Or de poesía por Dins l'esfera del temps 1999 Premio Cavall Verd-Josep M. Llompart de poesía por Al cor de les paraules. Obra poètica 1963-2002 2003 Lletra d'Or 2003 por Al cor de les paraules. Obra poètica 1963-2002 Premi Cavall Verd-Rafael Jaume de tradución poética 2007 por Sóc vertical, Obra poètica 1960-1963, de Sylvia Plath Premio Jaume Fuster 2008 dos escritores en lingua catalá AELC Premio de Honra das Letras Catalás 2008 Premio Nacional á Traxectoria Profesional e Artística 2008
Referencias
Ligazóns externas «Montserrat Abelló i Soler». Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (AELC) (en catalán, castelán e inglés) Montserrat Abelló i Soler a LletrA (en catalán, castelán e inglés) Montserrat Abelló a VISAT(en catalán e inglés) Montserrat Abelló [podcast]. TV3 a la carta. Programa S(avis). Entrevista realizada por Sílvia Cóppulo no Ateneu barcelonès (14 de decembro de 2009). [Consulta: 17 de setembro de 2014] (en catalán).
Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Tradutores ao catalán Categoría:Tradutores do inglés