ATS foi un equipo alemán de Fórmula 1, o nome é o da marca de rodas alemán Auto Technisches Spezialzubehör. A compañía ten a súa sede en Bad Dürkheim cerca de Hockenheimring, o seu equipo estivo activo na Fórmula 1 entre e .
Fabricante de rodas
A empresa ATS creou unhas novas lamias lixeiras e revolucionarias para Porsche e VW. ATS fabricou unha roda de 5 raios de aliaxe de aluminio lixeiro para AMG, a gama de alto rendemento de Mercedes-Benz, nos anos 1970 e 1980. Esta roda de 5 raios coñécese popularmente como roda AMG ou "Penta". A roda AMG "Penta" de raios de ATS, foi deseñada por Hans-Werner Aufrecht en 1979, foi a primeira lamia de aliaxe de aluminio comercializada por AMG cando aínda era unha compañía de tuning independente.
Equipo de Fórmula Un O propietario de ATS Günther Schmidt patrocinara diversos acontecementos nos deportes de motor nacional, antes de decatarse de que as carreiras de Gran Premio eran o xeito ideal de publicitar a súa marca. Debido ao seu temperamento, era moi difícil de traballar Schmidt, e durante toda a súa historia tivo unha gran e rápida rotación de persoal.
Os anos 1970 En , ATS comprou o chasis PC4 sobrante de Penske Racing. Jean-Pierre Jarier asinou para pilotar o coche, quedando sexto no debut do equipo no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos.
Un segundo coche foi inscrito no Gran Premio de Alemaña de 1977 co corredor alemán Hans Heyer. Heyer non se clasificou, pero o piloto tomou a saída de todos os xeitos diante do seu público en Hockenheimring. Os organizadores da carreira só se deron conta cando se retirou coa engrenaxe de rodas rota. Hans Binder tomaría entón o segundo coche para o resto da tempada, aínda que o equipo perdeuse as tres últimas carreiras do ano.
Robin Herd de March Engineering foi recrutado para construír o primeiro e xenuíno coche ATS de Fórmula 1, o HS1 pilotado por Jarier e Jochen Mass. Jarier chegou oitavo no Gran Premio de Suráfrica, pero foi despedido logo dunha discusión con Schmidt, e substituído por Alberto Colombo para o Gran Premio de Bélxica. Logo de dous fracasos para cualificar, Colombo tamén foi despedido e substituído por Keke Rosberg ata o Gran Premio de Alemaña. Alí, regresou Jarier, logo de arranxar as súas diferenzas con Schmidt, pero non logrou cualificar e foi despedido de novo. Binder regresou para unha carreira, antes de ser substituído por Michael Bleekemolen.
Mass tamén abandonara logo dunha fractura na perna durante unhas probas. Como Harald Ertl non había pre-cualificado o seu Ensign para o Gran Premio de Italia de 1978, déuselle unha oportunidade co primeiro ATS. Ertl non cualificou para a carreira, e Rosberg regresou para as dúas últimas carreiras. A falta de continuidade tanto nos coches como no equipo técnico non axudou ao novo equipo, malia a presentación do novo chasis D1. O D1 foi deseñado por John Gentry, e contou con faldróns, maior ancho de vía e pontóns laterais. O D1 utilizouse nas dúas últimas carreiras da tempada .
viu chegar a Hans-Joachim Stuck, para pilotar un único coche. O novo deseño D2 de Giacomo Caliri chegou a metade de tempada, pero era un auto de difícil manexo, Stuck só logrou os dous puntos do equipo na tempada co 5º lugar no Gran Premio dos Estados Unidos noutro coche novo, o D3, deseñado por Nigel Stroud.
Os anos 1980 O equipo participou outra vez con dous coches en , con Marc Surer e Jan Lammers pilotando o D3. Marc Surer logrou o sétimo lugar no Gran Premio do Brasil, o D3 foi substituído en Suráfrica polo D4, que era unha versión remodelada do D3 deseñado por Gustav Brunner e Tim Wardrop. En Suráfrica Surer rompeuse ambos nocellos nun accidente co novo modelo, que non puido debutar ata a carreira seguinte, o GP do oeste dos Estados Unidos, onde volveron a un só coche e no que Lammers colocou ao ATS na 4ª posición da grella de Long Beach, aínda que se tivo que retirar na 1ª volta por unha rotura na transmisión. De todos os xeitos foi un espellismo pois o resto da tempada os ATS non saíron das últimas prazas da grella incluídas algunhas non cualificacións. Unha vez máis, o equipo non puido sumar puntos.
viu a Lammers pilotando un único D4, apareceu un segundo coche para Slim Borgudd no Gran Premio de San Marino. Logo disto, Lammers abandonou unha vez máis, quedando Borgudd como único piloto. O sueco logrou o sexto lugar no GP de Gran Bretaña onde só remataron 8 coches. O D4 substituíuse polo HGS1, deseñado por Hervé Guilpin, pero os resultados foron pobres, e as non cualificacións frecuentes. Este foi o ano no que a banda sueca de pop ABBA patrocinou o equipo a través de Slim Borgudd. De feito, Slim Borgudd aparecera nalgunhas gravacións de ABBA como batería.
Schmidt fixo un grande esforzo para seguir co equipo en . Dous coches D5 (unha versión moi mellorada do HGS1) foron presentados para Manfred Winkelhock e Eliseo Salazar. A primeira parte da tempada foi boa, obtendo a clasificación con regularidade na parte media e lograron mellores resultados, con Winkelhock quinto no Gran Premio do Brasil e Salazar quinto no Gran Premio de San Marino (Winkelhock sería sexto nesta carreira, boicoteada pola maioría dos equipos británicos debido á crise política no deporte, pero o seu coche estaba por baixo do peso mínimo). Pero a fiabilidade do monopraza resultou un verdadeiro problema e ao final da tempada deu como balance un total de 14 abandonos entre accidentes e avarías. O momento máis destacable do equipo produciuse cando Salazar foi agredido por Nelson Piquet en directo na televisión no Gran Premio de Alemaña, o piloto de ATS chocara co líder brasileiro da carreira, mentres que era dobrado.
Motores BMW miniatura|Manfred Winkelhock no ATS D7 no Gran Premio de Dallas de 1984 Schmidt utilizou a súa posición na industria automotriz alemá para asegurar o fornezo do potente motor BMW M12/13 de 4 cilindros turboalimentado para 1983. ATS presentou o novo D6 deseñado por Gustav Brunner para un único piloto, Manfred Winkelhock. O alemán logrou excelentes posicións clasificatorias e algunha carreira aceptable, pero a constante rotación do corpo técnico fixo que os problemas de fiabilidade nunca se resolveran, e o oitavo lugar no Gran Premio de Europa foi o seu mellor resultado.
En , presentouse o novo chasis D7 de Brunner, pero foi en gran parte a mesma historia, un coche considerablemente veloz pero pouco fiable, o seu deseñador Brunner abandonou antes do inicio da tempada. Winkelhock chegou a correr terceiro no Gran Premio de Bélxica antes de que o sistema eléctrico fallara, os seus mellores resultados foron o oitavo posto no Gran Premio do Canadá e no Gran Premio de Dallas. Desde o Gran Premio de Austria, engadiuse un segundo D7 para Gerhard Berger. No Gran Premio de Italia, Berger clasificou por diante de Winkelhock e chegou 6º na carreira. O alemán foi despedido e substituído polo austríaco o resto de tempada. Non lle foi outorgado o punto porque a participación do segundo vehículo non fora rexistrada no inicio da tempada. Berger participou nas dúas últimas carreiras só, logo da substitución de Winkelhock.
Ao final do ano, BMW revogou o uso dos seus motores debido á mala imaxe que xeraba o equipo e o seu propietario, e Schmidt pechou o equipo ATS, e deixou a compañía ATS.
Reaparición con Rial Logo de fundar unha nova marca de rodas, Rial, Schmidt volvería a Fórmula 1 en co equipo do mesmo nome.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos Nº 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos. Penske PC4 Ford DFVV8 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN112º Jean-Pierre Jarier34 6 NSC 11 11 8 Ret 9 Ret 14 Ret Ret Hans Heyer35 DSC* Hans Binder 8 33 12 NSC ATS HS1ATS D1 Ford DFVV8 ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN0NC Jochen Mass9 11 7 Ret Ret NSC 11 9 13 13 NC Ret NSC NSC Michael Bleekemolen NSC Ret NSCP10 NSC Jean-Pierre Jarier 12 NTS 8 11 NSC NSC Alberto Colombo NSC NSC Keke Rosberg 15 16 Ret Ret NC Hans Binder NSC Harald Ertl NSCP ATS D2ATS D3 Ford DFVV8 ARX BRA RSA USW ESP BEL MON FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA211º Hans-Joachim Stuck9 NSC Ret Ret DSC 14 8 Ret NTS NSC Ret Ret Ret 11 Ret 5 ATS D3ATS D4 Ford DFVV8 ARX BRA RSA USW BEL MON FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA0NC Marc Surer 9 Ret 7 NTS Ret Ret 12 12 10 Ret NSC 8 Jan Lammers Ret 12 NC10 NSC NSC NSC Harald Ertl NSC ATS D4ATS HGS1 Ford DFVV8 USW BRA ARX SMR BEL MON ESP FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN CPL112º Jan Lammers9 Ret NSC 12 NSC Slim Borgudd NSC NSCP NSC NSC 6 Ret Ret 10 Ret Ret NSC10 13 ATS D5 Ford DFVV8 RSA BRA USW SMR BEL MON DET CAN NED GBR FRA ALE AUT SUI ITA CPL411º Manfred Winkelhock9 10 5 Ret DSC Ret Ret Ret NSC 12 NSC 11 Ret Ret Ret NSC NC Eliseo Salazar10 9 Ret Ret 5 Ret Ret Ret Ret 13 NSC Ret Ret NSC 14 9 NSC ATS D6 BMW M12/13L4 (t/c) BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN GBR ALE AUT NED ITA EUR RSA0NC Manfred Winkelhock9 15 Ret Ret 11 Ret Ret Ret 9 Ret NSC Ret DSC Ret 8 Ret ATS D7 BMW M12/13L4 (t/c) BRA RSA BEL SMR FRA MON CAN DET DAL GBR ALE AUT NED ITA EUR POR0NC Manfred Winkelhock14 EX Ret Ret Ret Ret Ret 8 Ret 8 Ret Ret NTS Ret NTS Gerhard Berger 1331 12 6† Ret * Saída ilegal, non culificara. † Inelixible para puntuar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas ATS website with Motorsport history
Categoría:Escuderías de Fórmula 1