Tomas Aguon Camacho, nado en Chalan Kanoa (Saipan, Illas Marianas Setentrionais) o 18 de setembro de 1933, é un eclesiástico católico latino, bispo de Chalan Kanoa dende 1984 até 2010.
Traxectoria O 14 de xuño de 1961 foi ordenado sacerdote, con 27 anos. Camacho foi nomeado bispo da nova diocese de Chalan Kanoa polo papa Xoán Paulo II o 8 de novembro de 1984. Foi consagrado bispo o 13 de xaneiro de 1985, sendo o consagrante principal o arcebispo de Agaña, Felixberto Camacho Flores, e actuando como co-consagradores o bispo das Carolinas-Marshall Joseph Neylon, e o bispo auxiliar de Agaña Anthony Sablan Apuron.
Camacho exerceu como bispo diocesano até que lle foi aceptada a súa renuncia, o 6 de abril de 2010.
Notas
Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados nas Illas Marianas do Norte Categoría:Bispos da Igrexa católica latina