miniatura|Branta canadensis O ganso do CanadáNome vulgar galego en Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa, 1 (1999): 121-138e Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005 (Branta canadensis), é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae. É o membro do xénero Branta máis amplamente distribuído por América do Norte. Aínda se poden atopar bravas as sete subespecies, cinco das cales eran antes asignadas ao ganso de Hutchins (Branta hutchinsii).

A situación da especie estivo ameazada, como consecuencia da depredación que se fixo sobre a mesma entre comezos do século XIX e mediados do XX; porén, unha serie de leis conservacionistas e a dedicación das axencias protectoras da vida salvaxe do Canadá e dos Estados Unidos, logrou reverter a situación, chegando a duplicarse en 1974 a cantidade de individuos que había contra 1950.

Subespecies Distínguense sete subespecies de Branta canadensis:Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes

Branta canadensis canadensis - Ganso do Canadá atlántico Branta canadensis fulva - Ganso do Canadá de Vancouver Branta canadensis interior - Ganso do Canadá interior Branta canadensis maxima - Ganso do Canadá xigante Branta canadensis moffitti - Ganso do Canadá de Moffitt Branta canadensis occidentalis - Ganso do Canadá escuro Branta canadensis parvipes - Ganso do Canadá miúdo

Notas

Véxase tamén

Categoría:Branta Categoría:Fauna de América do Norte