George Hamilton Pearce, nado en Boston (Massachusetts) o 9 de xaneiro de 1921 e finado o 30 de agosto de 2015 en Providence (Rhode Island), foi un arcebispo católico latino dos Estados Unidos. Foi o primeiro bispo da diocese de Apia (Samoa), e foi tamén posteriormente arcebispo de Suva (Fiji).

Traxectoria Naceu en Boston (Massachusetts) e cursou os seus estudos básicos na Escola Primaria de Saint Columbkille de Brighton, para pasar posteriormente ao seminario menor Maryvale de Bedford, e finalmente ao College e Seminario dos maristas en Framingham. Foi ordenado sacerdote o 2 de febreiro de 1947 polo arcebispo Richard Cushing, e foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Attalea in Pamphylia o 29 de febreiro de 1956. Foi consagrado bispo o 29 de xuño de 1956 en Boston polo mesmo Cushing.

O 21 de xuño de 1966 a Santa Sé elevou a vigairía apostólica a diocese, e Pearce converteuse no primeiro bispo de Apia. O 22 de xuño de 1967 foi nomeado o primeiro arcebispo de Suva (Fiji). Retirouse o 10 de abril de 1976, e viviu dende entón en Providence (Rhode Island), onde dirixiu un grupo mariano de oración na catedral dos Santos Pedro e Paulo de Providence, co que visitou os santuarios marianos de Fátima, Lourdes e Međugorje. Finou en Providence o 30 de agosto de 2015. Notas

Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos católicos de Samoa Categoría:Bispos católicos de Fiji Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Relixiosos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Padres maristas Categoría:Finados en 2015