Humanose é o segundo álbum de estudio de Dios ke te crew. Trátase dun disco conceptual no que se trata a autocrítica cara a nosa propia existencia como especie humana, que se cre o centro do universo e se converte nunha enfermidade para a Terra.
O traballo de produción, gravación e mesturas levouno a cabo Mou, Mc da banda. O disco tamén conta con colaboracións doutros artistas entre as que destaca a da banda de metal Machina.
Listaxe de cancións Canción1Humanose2Berra!3É de todos4Dame ighual5Están tolos!6Ollo ó parche remix7Todo dá voltas8As dúas caras da moeda9Benvido a Mordor104ª guerra mundial11Deconstrución12O coro dos nenos distintos13Rebenta!
Categoría:Álbums de Dios ke te crew Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums de Boa Music