In & Out é un filme estadounidense dirixido por Frank Oz que se estreou en 1997. Está protagonizado por Kevin Kline, Joan Cusack, Matt Dillon, Tom Selleck, Debbie Reynolds, Bob Newhart e Wilford Brimley. O guión foi escrito por Paul Rudnick. Joan Cusack foi nomeada ó Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación.
Estreouse en galego o 12 de maio de 2021 na TVG. A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Sinopse Howard Brackett (Kevin Kline), profesor de literatura inglesa, está a piques de casar con Emily (Joan Cusack), pero xorden complicacións cando un antigo alumno (Matt Dillon) gaña un Oscar e llo dedica ó "seu antigo profesor homosexual de literatura". A partir dese intre, Howard non terá vida privada e os equívocos sucederanse, porque nin sequera el mesmo sabe cal é a súa orientación sexual.
Personaxes
Kevin Kline como Howard Brackett Voz da dobraxe galega de Tacho González. Joan Cusack como Emily Montgomery Tom Selleck como Peter Malloy Voz da dobraxe galega de Miguel Pernas. Matt Dillon como Cameron Drake Voz da dobraxe galega de Monti Castiñeiras. Debbie Reynolds como Berniece Brackett Wilford Brimley como Frank Brackett Bob Newhart como Tom Halliwell Shawn Hatosy como Jack Zak Orth como Mike Lauren Ambrose como Vicky Alexandra Holden como Meredith June Squibb como Gretchen Gregory Jbara como Walter Brackett Shalom Harlow como Sonya Lewis J. Stadlen como Edward Kenrow Deborah Rush como Ava Blazer Kevin Chamberlin como Carl Mickley Kate McGregor-Stewart como Tía Becky Debra Monk como Mrs. Lester Ernie Sabella como Aldo Hooper Joseph Maher como Tim William Duell como Emmett Wilson J. Smith-Cameron como Trina Paxton Jane Hoffman como Mrs. Baxter Mary Diveny como Ellen Becky Ann Baker como Darlene Alice Drummond como Tía Susan Selma Blair como Linda Whoopi Goldberg, Glenn Close e Jay Leno como eles mesmos Dan Hedaya
Galardóns e nomeamentos 1997: Nomeada ó Oscar: Mellor actriz secundaria (Joan Cusack). 1997: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Actor comedia (Kevin Kline) e actriz secundaria. 1997: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actriz secundaria (Joan Cusack). 1997: Critics' Choice Awards: Mellor actriz secundaria (Joan Cusack).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOficceMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Frank Oz Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes ambientados en Indiana Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes de 1997 con versión en galego