dereita|miniatura|Roxerio I de Sicilia e o seu irmán Roberto. Roxerio é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co asturiano. Provén da composición de verbas xermanas hrod (fama) e ger (lanza), co que o seu significado viría a ser «famoso coa lanza». En galego tamén ten a variante Roxelio e o hipocorístico Xelucho.

En xaneiro de 2023 existían 7 varóns en Galicia co nome Roxelio, cunha media de idade de 54,8 anos.Nome Roxelio na web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Roxerio.

Santoral 16 de setembro, San Roxelio (Íllora, Granada s. IX- † Córdoba) foi un freire mártir. Os atributos son un crucifixo levantado nunha man, libro de evanxeos na outra e sangue no pescozo polo seu martirio.

Persoas célebres San Roxerio, freire español do século IX.

Galegos Roxelio Rivero, As Neves, foi un escritor e xornalista galego. Roxelio Lois Estévez, Pontevedra, 1842, foi un xornalista galego. Roxelio Pérez González (Roxerius), Rianxo, 1897, foi un mestre e pedagogo galego. Roxelio Rodríguez de Bretaña, Ourense,1917, foi un político galego. Roxelio Rodríguez Díaz, Petín, foi un xornalista e escritor galego. Roger de Flor, Limodre (Fene), 1977, músico, cantante, compositor e produtor galego. Rogelio Santiago (Lelé), Marín, 1911, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Rogelio Groba Groba, Guláns (Ponteareas), 1930, músico e compositor galego. Rogelio Groba Otero, músico e compositor galego, fillo do anterior. Rogelio Martínez González, 1957, delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense. Rogelio Caridad Pita, A Coruña, 1874, foi un militar galego. Rogelio Tapia, foi un futbolísta galego. Rogelio Bernárdez García (Gaitos), Vigo, 1924, foi un futbolista galego. Rogelio González Suárez, Salcedo, 1906. Foi un político galego. Rogelio Arca Rivas, Cerdedo, 1913, foi un canteiro e miliciano anarquista galego. Rogelio Martínez Garzón, Marín, 1857, foi un comerciante e político galego. Rogelio Gómez Fernández (Gelucho), Teo, 1970, ex xogador e actual adestrador de fútbol galego. Rogelio Diz Fuentes, Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), 1912, foi un labrego, canteiro e político galego.

Outras personalidades Rogelio Araya, político arxentino. Rogelio Barriga Rivas, escritor mexicano. Rogelio Baón, político español. Rogelio Conesa Martínez, produtor español. Rogelio Guedea, Colima, 1974, poeta, ensaísta e tradutor mexicano. Rogelio Legasa, Zaragoza, 1974, xogador de baloncesto profesional español. Rogelio Martínez Díaz ("El Gallego"), Matanzas, 1905, foi un músico cubano. Rogelio Salmona, París, 1927, foi un arquitecto franco-colombiano. Rogelio Pampols, Almacelles (Lleida), 1936, exfutbolista catalán. Rogelio Polesello, escultor arxentino. Luis Rogelio Rodríguez-Comendador Pérez, Madrid, 1959, é un político español. Roger Mortimer, Londres, 1287 , foi o oitavo home de Wigmore. Roger O'Donnell, Londres, 1955, teclista inglés coñecido pola banda The Cure. Roger D. Kornberg, St. Louis (Missouri), 1947, bioquímico estadounidense. Roger Y. Tsien, Nova York, 1952, bioquímico estadounidense, de orixe chinesa. Roger Martin du Gard, Neuilly-sur-Seine, 1881, foi un novelista francés. Roger Bacon, Ilchester, 1214, foi un filósofo inglés. Roger Federer, Basilea, 1981, xogador de tenis suízo. Roger Miller, Míchigan, cantante, compositor e multi-instrumentista estadounidense. Roger Ebert, Urbana (Illinois), 1942, crítico cinematográfico. Roger Daltrey, Londres, 1944, cantante de rock, compoñente e fundador inglés da banda musical británica The Who. Roger Moore, Stockwell (Londres), 1927, actor inglés. Roger Waters, Surrey, 1943, músico, compositor inglés. Roger Casement (Ruairí Mac Easmainn), Sandycove, 1864, foi un diplomático irlandés. Roger Taylor, 1949, cantautor e multiinstrumentista inglés. Roger Torrent i Ramió, Sarrià de Ter, 1979, presidente do Parlamento de Cataluña.

Ficción Roger Rabbit, coello de debuxos animados, coñecido polo filme Quen enganou a Roger Rabbit?.

Roxerio noutras linguas Lingua alemá: Rüdiger, Rutger, Ruetger, Rudgar, Ruotger, Routger, Rotger ou Rötger. Lingua aragonesa: Rocher, RucherEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Lingua asturiana: Roxelio Lingua castelá: Rogelio Lingua catalá: Roger Lingua francesa: Roger Lingua galesa: Rosser, Rozier Lingua grega: Ρογήρος - Rogéros Lingua húngara: Rezső Lingua inglesa: Roger Lingua islandesa: Hróar, Hróðgeir Lingua italiana: Ruggero, Roggero, Ruggeri, Ruggiero, Rugiero Lingua latina: Rogerius Lingua neerlandesa: Rogier, Rutger Lingua norueguesa: Roar Lingua polonesa: Roger Lingua portuguesa: Rogério Lingua sueca: Roar, Roger, Rutger

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos asturianos