miniatura|Situación de Labañou no concello da Coruña.Estudos previos Labañou é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona noroeste da Coruña. Limita polo sur con San Roque de Fóra e polo oeste cos Rosales e mais co Monte de San Pedro.

Urbanismo A orixe do lugar está nas vivendas de pescadores que existían na zona.Análisis urbanístico de barrios vulnerables en España En Labañou construíronse na década de 1960 varios grupos de vivendas, deseñados polo arquitecto Juan González Cebrián: O Grupo “María Pita-Labañou”, aprobado en 1959, está formado por bloques con formas quebradas para que xerasen entre eles espazos públicos. O Grupo “Nosa Señora do Perpetuo Socorro”, de 1962, está formado por 27 vivendas de planta baixa. O Grupo “Pardo de Santallana”, tamén de 1962, está formado por 114 vivendas.

Algúns destes grupos de vivendas recibiron popularmente os nomes de “China”, “Xapón” e “Corea”.

Patrimonio Na rúa Canteira existe un cruceiro centenario sobre unha plataforma triangular.

Lugares e parroquias

Lugares de Visma

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Categoría:Lugares da Coruña Categoría:Barrios da Coruña