X-Men: Days of Future Past é un filme de superheroes dirixido por Bryan Singer que se estreou no 2014. Baséase nos personaxes ficticios de X-Men que aparecen en Marvel Comics. É o sétimo filme sobre os X-Men e é unha secuela tanto de X-Men: The Last Stand (2006) como de X-Men: First Class (2011). A historia, inspirada na trama de 1981 "Days of Future Past" creada por Chris Claremont e John Byrne, céntrase en dous períodos temporais e na viaxe de Lobeto a 1973 para salvar o futuro da humanidade. Neste filme actúan actores como Hugh Jackman, James McAvoy, Michael Fassbender, Jennifer Lawrence, Halle Berry, Anna Paquin, Elliot Page, Nicholas Hoult, Shawn Ashmore, Peter Dinklage, Ian McKellen e Patrick Stewart. Simon Kinberg escribiu o guión a partir dunha historia concibida por el, Matthew Vaughn e Jane Goldman.

Trátase dunha coprodución británico-estadounidense cun orzamento de $200 millóns. A rodaxe comezou en Montreal, Canadá, en abril de 2013 e rematou en agosto do mesmo ano. A estrea fíxose na cidade de Nova York o 20 de maio de 2014, e nos cines o 23 de maio.

X-Men: Days of Future Past recibiu boas críticas, converténdose no mellor valorado da serie X-Men. Salientan o seu fresco estilo visual e a súa trama. Tamén é o filme con maior recadación da serie, con $736 millóns en todo o mundo. A súa secuela, X-Men: Apocalypse, estreouse no 2016, con Singer como director.

Sinopse Os X-Men loitan pola supervivencia dos mutantes nunha guerra que se desenvolve en épocas diferentes. Os personaxes da triloxía cinematográfica orixinal de “X-Men” unen as súas forzas ás que eles mesmos posuían no pasado, cando eran máis novos , para cambiar un importante acontecemento histórico e librar unha épica batalla que podería salvar o futuro.

Personaxes Hugh Jackman como Lobeto; un mutante con curación acelerada, sentidos agudizados e esqueleto e gadoupas de adamantium. James McAvoy e Patrick Stewart como Charles Xavier / Profesor X; o telépata máis poderoso do mundo. Michael Fassbender e Ian McKellen como Erik Lehnsherr / Magneto; o mestre do mangetismo e "un dos máis poderosos mutantes da Terra." Jennifer Lawrence como Raven Darkhölme / Mystique; unha mutante coa capacidade de cambiar de aparencia. Halle Berry como Ororo Munroe / Storm Nicholas Hoult e Kelsey Grammer como Hank McCoy / Beast Anna Paquin como Marie / Rogue Elliot Page como Kitty Pryde Peter Dinklage como Bolivar Trask Shawn Ashmore como Bobby Drake / Iceman Omar Sy como Bishop Daniel Cudmore como Peter Rasputin / Colossus Evan Peters como Peter Maximoff / Quicksilver Fan Bingbing como Blink Adan Canto como Sunspot Booboo Stewart como Warpath Josh Helman como Maior William Stryker

Famke Janssen e James Marsden retoman os seus papeis como Jean Grey e Cyclops respectivamente nun cameo do filme. Lucas Till aparece no seu papel de Alex Summers / Havok. Evan Jonigkeit interpreta a Toad.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de 2014 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Bryan Singer Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en Moscova Categoría:Filmes ambientados en Vietnam Categoría:Filmes sobre a Guerra do Vietnam Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de X-Men Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados en 1973 Categoría:Filmes ambientados en 2023 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América