Frankenweenie é un filme de animación estadounidense dirixido por Tim Burton que se estreou no 2012. É un remake da curtametraxe homónima de 1984 de Burton, e é unha parodia do filme de 1931 Frankenstein baseado no libro de Mary Shelley Frankenstein ou o moderno Prometeo. Os actores de voz inclúen a catro que xa traballaran con Burton noutros filmes: Winona Ryder (Beetlejuice e Edward Scissorhands); Catherine O'Hara (Beetlejuice e The Nightmare Before Christmas); Martin Short (Mars Attacks!); e Martin Landau (Ed Wood e Sleepy Hollow).

Sinopse O experimento científico que leva a cabo o pequeno Victor para facer resucitar o seu adorado can Sparky, obrigarao a afrontar terribles situacións cuxas consecuencias son imprevisibles.

Personaxes Charlie Tahan como Victor Frankenstein Martin Short como Edward Frankenstein Catherine O'Hara como Susan Frankenstein Martin Landau como Mr. Rzykruski Winona Ryder como Elsa van Helsing Frank Welker como Sparky, Sea Creatures Atticus Shaffer como Edgar "E" Gore Robert Capron como Bob Conchata Ferrell como Nai de Bob James Hiroyuki Liao como Toshiaki Tom Kenny como Xefe de bombeiros / Soldado / Man in Crowd Christopher Lee como Drácula

Galardóns e nomeamentos 2012: Oscar: Nomeada a Mellor filme de animación. 2012: Premios BAFTA: Nomeado a mellor filme de animación. 2012: Critics Choice Awards: Nomeado a mellor filme de animación. 2012: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme de animación. 2012: Premios Annie: 5 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2012: Globos de Ouro: Nomeado a mellor filme de animación. 2012: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor filme de animación. 2012: Asociación de Boston: Mellor filme de animación. 2012: Satellite Awards: Nomeada a mellor longametraxe de animación. 2012: Asociación de Críticos de Chicago: Nomeado a mellor filme de animación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2012 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes de Frankenstein Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX