O Aeroporto de Murcia-San Javier (IATA: MJV, OACI: LELC) é unha base aérea militar do Exército do Aire situada xunto ao mar Menor, na pedanía de Santiago de la Ribera, no concello de San Javier (Rexión de Murcia), a 50 quilómetros da cidade de Murcia.

Estivo aberta ao tráfico civil como aeroporto público xestionado por Aena ata o 15 de xaneiro de 2019, cando se inaugurou o Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia.

Historia O aeroporto ten a capacidade para recibir avións de mediano tamaño como un Boeing 757 ou un Airbus A300. Ten dúas pistas, a principal é a 05 R/23 L e outra secundaria 05 L/05L/23R de menor lonxitude, aberta en 2011 e destinada en exclusiva a material L-26 Baruto da escola elemental de San Javier, co que a principal é utilizada por material L-25 Mirlo (CASA C-101) combinado con voos civís durante todo o día.

Foi remodelado para ser usado como aeroporto civil en 1995, ano no cal tivo un volume de 88.608 pasaxeiros. No ano 2004 a terminal recibiu unha ampliación de 1.100 metros, ademais de poñer en funcionamento novos equipos na zona de entrega de equipaxe. Cara a 2006 rematáronse as obras de remodelación e ampliación onde se habilitaron 8 mostradores máis quedando un total de 18, aumentouse o tamaño da zona de seguridade, inauguráronse unha cafetaría e tendas de duty free ademais de novos baños.

En marzo de 2011 inaugurouse a segunda pista do aeroporto para que puidese operar como aeroporto civil as 24 horas ao día, tras un investimento duns 67 millóns de euros por parte da empresa estatal Aena.

En xuño de 2011 o novo director do aeroporto de San Javier confirmou que Aena tiña previsto un plan de investimentos (como a ampliación da terminal de pasaxeiros) e que non se pecharía San Javier coa apertura de Corvera.

Non obstante, ao quedar Aena como adxudicataria do novo Aeroporto Internacional, confirmouse que todas as operacións e o persoal serían trasladados de San Javier a Corvera, quedando San Javier para uso militar exclusivamente.

O aeroporto pechou ao tráfico civil o 14 de xaneiro de 2019, debido á apertura o día seguinte do novo aeroporto de Corvera. O último voo foi operado por Ryanair entre San Javier e Manchester.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de aeroportos de España

Ligazóns externas Páxina oficial do Aeroporto de Murcia-San Javier na web de AENA

Murcia-San Javier Categoría:Transporte na Rexión de Murcia Categoría:San Javier