Mira Katherine Sorvino, nada en Nova York o 28 de setembro de 1967 é unha actriz estadounidense.

Traxectoria Mira Sorvino é filla de Lorraine Ruth Davis, terapeuta do alzhéimer e antiga actriz, e do actor e director Paul Sorvino e criouse en Tenafly, New Jersey, onde xogaba a escribir e actuar en obras teatrais coa súa amiga Hope Davis e logo en producións escolares. Sorvino foi aceptada na Universidade Harvard e estudou un ano en Pequín, onde aprendeu mandarín. Graduouse magna cum laude en 1989 cun grao en Estudos da Asia Oriental.

En 1993 foi contratada como terceira axudante de director no filme Amongst Friends, pero logo pasou a ser a directora de casting, axudante de produción e finalmente a actriz protagonista. Tras outros pequenos papeis, en 1995 interpretou unha inxenua protagonista en Poderosa Afrodita, de Woody Allen, gañando o Oscar á mellor actriz secundaria.

Traballou tamén na televisión, como na miniserie Human Trafficking.

Filmografía AnoFilme1993Amongst Friends1993Nyû Yôku no koppu1994 Quiz Show1994 Barcelona1995Sweet Nothing1995 Poderosa Afrodita1995Blue in the Face1996 Beautiful Girls1996Tales of Erotica1996Tarantella1997 Romy and Michele's High School Reunion1997 Mimic1998 The Replacement Killers1998 Lulu on the Bridge1998 Too Tired to Die1998Free Money1999 At First Sight1999Summer of Sam2001The Grey Zone2001The Triumph of Love2002 WiseGirls2002Semana santa2002Between Strangers2003 Gods and Generals2004 The Final Cut2006 Covert One: The Hades Factor2007 Reservation Road2009Multiple Sarcasms2009Like Dandelion Dust2009The Trouble with Cali2009Sweet Flame2009Attack on Leningrad2010The Presence2011Angels Crest2012Union Square2012Perfect Sisters2012Smitty2012Trade of Innocents2013Space Warriors

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en 2005

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1967