miniatura|Igrexa de San Nicolao de Novás. Moreiras foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1927. Xeografía Situado na Comarca da Limia, comprendía sete parroquias: Moreiras, Seoane de Oleiros, Faramontaos, Novás, Laroá, San Pedro de Laroá e Gudín.
Historia Foi creado por decreto de 15 de xullo de 1836. O 9 de xaneiro de 1927 incorporouse ao concello de Xinzo de Limia en virtude da fusión acordada polas respectivas corporacións.
Véxase tamén Outros artigos Concellos de Galicia
Bibliografía
Categoría:Concellos desaparecidos da provincia de Ourense Categoría:Xinzo de Limia