O Dolby Theatre (antigamente coñecido como Kodak Theatre)Dolby Buys Naming Rights For Former Kodak Theatre é un auditorio para espectáculos e un complexo de entretemento localizado no Hollywood Boulevard da Avenida North Highland, no distrito de Hollywood da cidade dos Ánxeles, Estados Unidos. Dende a súa inauguración o 9 de novembro de 2001, o teatro acolleu as cerimonias dos Premios Óscar, sendo a sede por vez primeira en marzo de 2002. É a primeira casa permanente da cerimonia de premios anuais.

Deseño O teatro foi deseñado especificamente para esta cerimonia polo estudio Rockwell Group, pertencente ó arquitecto David Rockwell. O seu deseño está pensado para facilitar as transmisións en vivo dende o gran recinto sen a mínima intromisión para a audiencia. Ten capacidade para máis de 3.400 persoas, divididos entre a platea e os tres niveis de balcóns, e é un dos meirandes escenarios dos Estados Unidos (36,5 x 27,5 m). A sala de prensa situada detrás do escenario ten capacidade para máis de 1.500 xornalistas.

A entrada ó teatro está franqueada por columnas nas que se amosan os filmes que acadaron o premio na categoría de Mellor filme dende 1928, e con algúns espazos baleiros para futuros filmes gañadores do premio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Dolby Theatre

Categoría:Premios Óscar Categoría:Auditorios

Categoría:Os Ánxeles