Murder in the First é un filme estadounidense dirixido por Marc Rocco que se estreou en 1995. Conta a historia real dun preso chamado Henri Young (interpretado por Kevin Bacon) que é levado a xuízo por asasinato en primeiro grao. Tamén está protagonizado por Christian Slater e Gary Oldman.
Sinopse Un rapaz orfo de 17 anos, Henri Young (Kevin Bacon), rouba $5 dunha tenda para alimentarse a si mesmo a máis a súa irmá, sendo ámbolos dous nenos desamparados. O dono da tendo colleo, e a súa irmá é enviada a un orfanato. Debido a que a tenda era tamén a oficina do Servizo Postal dos Estados Unidos, o seu crime convértese nunha ofensa federal. O mozo non volve ver a súa irmá nunca máis e é enviado ó cárcere de Leavenworth, en Kansas. Pouco despois de ser trasladado a Alcatraz, participa nun intento de fuxida con outros dous presos.
O plan de fuxida falla por mor dun preso laretas, Rufus McCain (David Michael Sterling). O mozo é castigado a vivir confinado no "burato" nos alxubes de Alcatraz. Agás por 30 minutos no día de Nadal de 1940, fica alí por tres anos. O confinamente volve tolo a Young, que cando é ceibado do burato, experimenta un episodio psicótico na cafetería a acaba con McCain, cravándolle unha culler na gorxa á vista dos outros convictos.
Young é levado a xuízo en San Francisco acusado de asasinato en primeiro grao, nun caso que os fiscais e os avogados de oficio dan por pechado. O avogado James Stamphill (Christian Slater), que acaba de graduarse en Harvard, recibe o caso. Despois de descubrir os feitos reais do caso de Young, Stamphill demanda a Alcatraz alegando que as condicións inhumanas coas que trataron ó seu cliente, provocaron que cometese o asasinato. De súpeto, o xuízo convértese nun tema moi politizado e contencioso. Ó cabo, Young é penado por asasinato involuntario e evita a pena de morte. É devolto a Alcatraz, onde morre pouco despois.
Personaxes Kevin Bacon como Henri Young Christian Slater como James Stamphill Gary Oldman como Warden Milton Glenn Embeth Davidtz como Mary McCasslin William H. Macy como D.A. William McNeil Stephen Tobolowsky como Mr. Henkin Brad Dourif como Byron Stamphill R. Lee Ermey como Judge Clawson Mia Kirshner como Rosetta Young Dial Ben Slack como Jerry Hoolihan Stefan Gierasch como Warden James Humson Kyra Sedgwick como Blanche, Hooker Alex Bookston como Doutor de Alcatraz David Michael Sterling como Rufus McCain Michael Melvin como Arthur "Doc" Barker
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Marc Rocco Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de StudioCanal