A arquieparquía de Asmara (en latín: Eparchia Asmarensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Eritrea, parte da Igrexa Católica. Até o 19 de xaneiro de 2015 formaba parte da Igrexa Católica Etíope. En 2012 contaba con 67.314 bautizados sobre unha poboación total de 3 934 000 habitantes. Actualmente está dirixida polo eparca Menghistear Tesfamariam, M.C.C.I.
Cronoloxía 1930 - Creación do ordinariato de Eritrea. 1951 - Elevado a exarcado apostólico de Asmara. 1961 - Elevado a eparquía de Asmara. 2015 - Elevada a arquieparquía metropolitana de Asmara. Territorio A eparquía comprende a parte centro-meridional de Eritrea. A sé eparquial é a cidade de Asmara, onde está a Catedral Kidane Mehret.
A eparquía é de rito etíope; porén, ao non haber dioceses da Igrexa Latina en Eritrea, a xurisdición esténdese tamén aos católicos latinos.
O territorio ten unha superficie de 23.686 km² e está subdividido en 74 parroquias.
Historia O ordinariato de Eritrea para os fieis da Igrexa católica etíope foi erixido o 4 de xullo de 1930, con xurisidición sobre ditos fieis, anteriormente suxeitos á vigairía apostólica católica latina de Eritrea, e pasando este último, por tanto, a ter só xurisdición sobre os fieis de rito latino. Foi nomeado como ordinario o bispo Kidane-Mariam Kassa.
O 31 de outubro de 1951 o ordinariato foi elevado a exarcato apostólico de Asmara, coa bula Aethiopica Alexandrini do papa Pío XII. O 20 de febreiro de 1961 foi elevado a eparquía.
miniatura|right|200px|As tres eparquías en Eritrea antes de 2012. En vermello os territorios da eparquía de Asmara, agora divididos entre as eparquías de Asmara e Segheneyti.
O 21 de decembro de 1995 cedeu parte do seu territorio para erixir as eparquías de Barentu e de Keren. O 24 de febreiro de 2012 cedeu novamente parte do seu territorio para erixir a eparquía de Segheneyti.
O 19 de xaneiro de 2015 o papa Francisco elevou a eparquía ao rango de arquidiocese metropolitana, facendo ao resto de eparquías eritreas sufragáneas dela, e estabeleceu a Igrexa Católica Eritrea como igrexa particular diferenciada da Igrexa Católica Etíope.
Episcopoloxio Ordinarios de Eritrea Kidane-Mariam Kassa (4 de xullo de 1930 - 1 de setembro de 1951, finado) Exarcas apostólicos de Asmara Ghebre Jesus Jacob (24 de febreiro de 1951 (nomeado) - febreiro de 1958, renuncia) Asrate Mariam Yemmeru (3 de febreiro de 1958 (nomeado) - 20 de febreiro de 1961, elevación da sé) Eparcas de Asmara Asrate Mariam Yemmeru (20 de febreiro de 1961 - 9 de abril de 1961, nomeado arcebispo de Adís Abeba) François Abraha (9 de abril de 1961 - 17 de xullo de 1984, renuncia) Zekarias Yohannes (17 de xullo de 1984 - 25 de xuño de 2001, retirado) Menghesteab Tesfamariam (25 de xuño de 2001 - actualidade)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Eritrea Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica eritrea Categoría:Eparquías católicas