A pululanase () é un encima procariótico, tamén chamado dextrinase límite, amilopectina 6-glucanohidrolase, encima desramificador bacteriano, encima desramificador, alfa-dextrina endo-1,6-alfa-glicosidase, encima R, pululano alfa-1,6-glucanohidrolase. É un tipo específico de glucanase, un exoencima amilolítico que degrada o polisacárido pululano (este pode considerarse unha cadea de maltotriosas unidas por enlaces glicosídicos), e tamén pode hidrolizar as amilopectinas e glicóxeno e as súas dextrinas. Aparece en diversas bacterias e arqueas. Por exemplo, prodúcese en forma de lipoproteína extracelular ancorada á superficie das células nas bacterias gramnegativas do xénero Klebsiella. As pululanases de tpo I atacan especificamente os enlaces glicosídicos α-1,6, mentres que as de tipo II poden tamén hidrolizar os enlaces α-1,4. As pululanases utilízanse como axuda no procesamento de cereais en biotecnoloxía para producir etanol e edulcorantes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Hidrolases