O Gran Premio de Alemaña de 2014 (oficialmente o Formula 1 Grosser Preis Santander Von Deutschland) é unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 20 de xullo de 2014, en Hockenheimring, Hockenheim, Alemaña. Logo de celebrarse en Nürburgring GP-Strecke na tempada , a carreira volverá á Hockenheimring cerca Hockenheim no estado alemán de Baden-Württemberg, onde se celebrou a carreira en 2012. Foi a décima carreira da tempada . Foi o 75º Gran Premio de Alemaña, e o 61º como parte do Campionato Mundial de Fórmula 1. A carreira gañouna Nico Rosberg que partiu dende a pole.

Informe Antecedentes

Dúas semanas antes da carreira, o FIA anunciou a prohibición inmediata da interconexión do sistema de suspensión dianteiro e traseiro (comunmente abreviado como FRIC), con efecto a partir do Gran Premio de Alemaña, o argumento é que o sistema FRIC cualificase como un dispositivo aerodinámico móbil en virtude do artigo 3.15 das normas técnicas.

Resumo da carreira

Nico Rosberg que saía da pole conservou a vantaxe no comezo, pero xa na primeira curva houbo un contacto entre Felipe Massa e Kevin Magnussen: o brasileiro leva a peor parte, e vese obrigado a retirarse. A dirección da carreira saca o coche de seguridade que lidera o grupo as dúas primeiras roldas. Na reanudación Rosberg é primeiro, seguido de Valtteri Bottas, Sebastian Vettel, Fernando Alonso, Nico Hülkenberg, Jenson Button, Daniil Kvjat e Sergio Pérez. O mexicano, durante a terceira volta, pasa ao Toro Rosso do ruso.

Kvjat na volta nove intenta recuperar a posición, pero toca o coche do mexicano, trompea, e perde postos na clasificación. O que recupera varias posicións é Lewis Hamilton, que partía desde a vixésima posición. O británico, xa estaba nos puntos na décima volta. Na décimo terceira volta Hamilton ataca a Kimi Räikkönen e Daniel Ricciardo na forquita, e arránxase para pasar aos dous, polo que escalou ata o sétimo lugar. Fernando Alonso xa fixera a súa primeira parada en boxes unha volta antes. Na volta 14 Vettel e Hulkenberg tamén se tocaron: os dous mantiveron a vantaxe sobre o español.

Na volta 15 realizase o primeiro cambio de pneumáticos para os dous primeiros na pista Rosberg e Bottas. Detrás Vettel ataca a Räikkönen imitado con éxito ao mesmo tempo por Alonso. O finlandés cae así ao sexto lugar. A carreira segue liderada por Rosberg, seguido de Lewis Hamilton (que aínda non fixera paradas), a continuación, Valtteri Bottas, Vettel e Alonso. Na volta 19, Hamilton cede a posición a Bottas, mentres que Nico Hulkenberg toma o sexto lugar pasando a Kimi Räikkönen. Este fai o cambio de pneumáticos na volta 21, mentres que Hamilton non o fai ata a volta 29, sae oitavo de boxes, pero pasa rapidamente a Daniel Ricciardo. O inglés continúa a remontada tratando de pasar ao seu ex compañeiro de equipo Jenson Button, os dous tócanse. A manobra ten éxito unha volta máis tarde, e Hamilton pide desculpas a Button polo incidente da volta anterior.

Na volta 30 Alonso fai a segunda parada en boxes, imitado unha volta máis tarde por Vettel. O alemán sae diante do español, pero este adiántao rapidamente. Na volta 37, ambos pasan a Hülkenberg. Entre a volta 40 e 42 fan a segunda parada Bottas, Rosberg e Hamilton. A carreira segue sendo liderada por Nico Rosberg, seguido de Valtteri Bottas, Fernando Alonso, Sebastian Vettel, Lewis Hamilton, Jenson Button, Daniel Ricciardo e Nico Hülkenberg.

Vettel fai a terceira parada en boxes na volta 45, monta pneumáticos brandos (polo tanto o alemán é pasado por Hamilton). Pouco despois o coche de Kvjat prende lume, na volta 50, logo de facer un trompo, o Sauber de Adrian Sutil quedou atravesado en medio da recta de boxes aínda que fora da trazada dos bólidos; o director da carreira decide non sacar o coche de seguridade á pista, o bólido e retirado a man polos comisarios. Na quincuaxésima cuarta volta Ricciardo pasa a Hülkenberg, unha volta despois Alonso fai o terceiro cambio de pneumáticos; isto permite a Hamilton subir ao terceiro lugar. Unha volta máis tarde, o australiano de Red Bull Racing, supera a Button, e ponse quinto. Button cede a posición a Alonso, que é capaz de pasar a Ricciardo e poñerse no quinto lugar, logo dunha longa batalla co australiano.

Nico Rosberg gañou por sétima vez unha carreira do mundial, por diante de Valtteri Bottas e Lewis Hamilton. Williams, con Bottas gana así o podio número trescentos nunha carreira válida para o campionato do mundo de Fórmula 1. O primeiro foi anotado por Jacques Laffite, en Alemaña, en .

Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 6 Nico Rosberg Mercedes 1:17.631 1:17.109 1:16.540 1 2 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:18.215 1:17.353 1:16.759 2 3 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:18.381 1:17.370 1:17.078 3 4 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:18.260 1:17.788 1:17.214 4 5 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:18.117 1:17.855 1:17.273 5 6 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:18.194 1:17.646 1:17.577 6 7 14 Fernando Alonso Ferrari 1:18.389 1:17.866 1:17.649 7 8 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:18.530 1:18.103 1:17.965 8 9 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:18.927 1:18.017 1:18.014 9 10 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:18.916 1:18.161 1:18.035 10 11 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:18.425 1:18.193 11 12 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:18.534 1:18.273 12 13 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:18.496 1:18.285 13 14 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:18.739 1:18.787 17Esteban Gutiérrez recibiu unha penalización de tres posicións como resultado dun accidente con Pastor Maldonado no anterior Gran Premio do Reino Unido 15 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:18.894 1:18.983 14 16 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:18.683 sen tempo 20 Lewis Hamilton recibiu unha penalización de cinco posicións por cambiar a caixa de cambios, logo dun accidente na Q1. 17 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:19.142 15 18 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:19.676 16 19 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:20.195 18 20 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:20.408 19 21 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 1:20.489 21 107% tempo: 1:23.065 NC 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault Sen tempo PLMarcus Ericsson non logrou establecer un tempo de volta na Q1. Posteriormente foi penalizado con ter que comezar desde o pit lane, e tivo unha segunda penalización facendo un stop & go de 10 segundos dentro das tres primeiras voltas da carreira, xa que o seu equipo violou as regulacións do Parque Pechado Fonte:

Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Nico Rosberg Mercedes 67 1:33:42.914 1 25 2 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 67 +20.789 2 18 3 44 Lewis Hamilton Mercedes 67 +22.530 20 15 4 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 67 +44.014 6 12 5 14 Fernando Alonso Ferrari 67 +52.467 7 10 6 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 67 +52.549 5 8 7 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 67 +1:04.178 9 6 8 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 67 +1:24.711 11 4 9 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 66 +1 volta 4 2 10 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 66 +1 volta 10 1 11 7 Kimi Räikkönen Ferrari 66 +1 volta 12 12 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 66 +1 volta 18 13 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 66 +1 volta 13 14 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 66 +1 volta 16 15 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 66 +1 volta 17 16 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 65 +2 voltas 19 17 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 65 +2 voltas 21 18 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 65 +2 voltas PL Ret 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 47 Trompo 15 Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 44 Fuga aceite 8 Ret 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 26 Fuga de auga 14 Ret 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 0 Colisión 3 Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Nico Rosberg 190 10px 2 Lewis Hamilton 176 10px 3 Daniel Ricciardo 106 10px 4 Fernando Alonso 97 10px 5 Valtteri Bottas 91

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 366 10px 2 Red Bull-Renault 188 10px 1 3 Williams-Mercedes 121 10px 1 4 Ferrari 116 10px 5 Force India-Mercedes 98

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1