Gorgui Dieng, nado o 18 de xaneiro de 1990 en Kébémer, é un ex xogador senegalés de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Dieng foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Utah Jazz e foi traspasado ós Minnesota Timberwolves xunto á 14ª elección, Shabazz Muhammad, a cambio da 9ª elección, Trey Burke.

O 20 de marzo de 2014, nun partido contra os Houston Rockets, Dieng fixo 22 puntos e 21 rebotes, converténdose no primeiro rookie da historia dos Timberwolves en facer 20 puntos e 20 rebotes nun encontro.

O 6 de febreiro de 2020, Dieng foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos. O 26 de marzo de 2021, Dieng foi cortado polos Grizzlies.

O 29 de marzo de 2021, Dieng asinou cos San Antonio Spurs.

O 9 de agosto de 2021, Dieng asinou cos Atlanta Hawks.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013-14 Minnesota 60 13.6 .498 1.000 .634 5.0 0.7 0.5 0.8 4.8 Total 60 13.6 .498 1.000 .634 5.0 0.7 0.5 0.8 4.8

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Xogadores de baloncesto do Senegal Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks