René Alejandro Pontoni, nado o 18 de maio de 1920 en Santa Fe e finado o 14 de maio de 1983 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino.

Traxectoria Pontoni comezou a xogar no Gimnasia y Esgrima de Santa Fe, de aí pasou a Newell's Old Boys en 1940. Tres anos despois Newell's acada o seu primeiro título internacional, a Copa de Ouro Rioplatense, torneo amigábel disputado co sistema de Todos contra todos entre Nacional, Peñarol, Boca Juniors, San Lorenzo, Racing Club e CA Independiente.

En 1945 fichou polo San Lorenzo de Almagro, deixando o Newell's cuns números que o converten no xogador coa mellor media de goles/encontro da historia do club.

Debutou con San Lorenzo o 22 de abril de 1945, anotando tres goles. Un ano despois o equipo logra o Campionato de Primeira División arxentina, formando unha dianteira histórica, o terceto de ouro con Farro e Martino. Ese ano tamén realizaron unha xira por Europa.

A súa carreira en San Lorenzo truncouse cunha grave lesión en 1948, a fractura da rótula, menisco e ligamentos da perna dereita, despois da cal nunca volveu ser o mesmo xogador.

Unha vez recuperado da lesión fichou polo Independiente de Santa Fe de Colombia, ata 1952 cando fichou polo Portuguesa Desportos brasileira.

En 1954 regresa a San Lorenzo, onde se retirou ese mesmo ano.

Pontoni foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1942 e 1947, neste tempo disputou tres Copas América (1945, 1946 e 1947) acadando o equipo arxentino o título de campión nas tres ocasións.

Unha vez retirado traballou coma adestrador en diferentes equipos arxentinos, coma San Lorenzo de Almagro.

Palmarés Campionatos Nacionais

TítuloClubPaísAnoPrimeira división arxentinaSan Lorenzo de Almagro Arxentina1946

Campionatos Internacionais

TítuloSedeEquipoAnoCopa América ChileSelección de fútbol da Arxentina1945Copa América ArxentinaSelección de fútbol da Arxentina1946Copa América20px EcuadorSelección de fútbol da Arxentina1947

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do Club Independiente de Santa Fe Categoría:Xogadores do Associação Portuguesa de Desportos Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América