Mercedes-Benz, unha marca do Grupo Mercedes-Benz, leva implicada na Fórmula 1 como propietario do equipo e fabricante de motores durante varios períodos desde 1954. O equio Mercedes-AMG Petronas F1 Team ten a súa sede en Brackley, Inglaterra, e posúe unha licenza alemá, En 2022 a propiedade maioritaria era do Grupo Mercedes-Benz con Toto Wolff que ten unha participación significativa. Os equipos da marca Mercedes adoitan chamarse co alcume "Frechas de prata". En decembro de 2020 fíxose un anuncio no que Ineos planeaba tomar un terzo da participación igualitaria xunto co Grupo Mercedes-Benz e Wolff, isto entrou en vigor o 25 de xaneiro de 2022.
Antes da segunda guerra mundial, Mercedes-Benz competiu no Campionato europeo, gañando tres títulos. A marca debutou na Fórmula Un en . Logo de gañar a súa primeira carreira no Gran Premio de Francia de 1954, o piloto Juan Manuel Fangio gañou outro tres grandes premios para gañar o campionato de de pilotos, e repetiu este éxito en logrando o segundo título conquistado por Mercedes. Malia gañar dous campionatos, Mercedes-Benz retirouse das carreiras de coches como unha resposta á Traxedia de Le Mans de 1955, e non regresou ata reincorporarse como fornecedor de motores en asociación con Ilmor.
Mercedes volveu á Fórmula Un en como fabricante de motores en asociación con Ilmor, unha empresa británica independente de enxeñería automovilística de alto rendemento, que desenvolveu os seus motores. A compañía gañou un título de construtor e tres títulos de pilotos nunha asociación oficial con McLaren que durou ata 2009. En 2005, Ilmor rebautizouse como Mercedes AMG High Performance Powertrains. En , a compañía comprou o equipo Brawn GP, renomeándoo como Mercedes. Desde unha gran modificación das normas en 2014, que requiriu o uso de turbocompresors e motores eléctricos híbridos, Mercedes converteuse nun dos equipos máis exitosos da historia da Fórmula Un, gañando sete. títulos consecutivos de Pilotos de a e oito títulos de Construtores consecutivos de a . Estableceu récords de máis vitorias nunha tempada (19 en ) e de máis títulos de construtores consecutivos. O fabricante tamén logrou máis de 200 vitorias como fornecedor de motores e ocupa o segundo lugar na historia da Fórmula Un. Os motores Mercedes-Benz gañaron dez Campionatos de Construtores e trece de Pilotos.
Historia
Frechas de prata (1930) Mercedes-Benz competiu nas competicións automobilísticas na década de 1930, cando as Frechas de prata dominaban xunto aos seus rivais de Auto Union. Ambos equipos estaban fortemente financiados polo réxime nazi, gañando todos os Campionatos Europeos entre 1935 e 1938, dos cales Rudolf Caracciola gañou tres para Mercedes-Benz. miniatura|left|200px|Juan Manuel Fangio ao volante do W196 en Nürburgring no Gran Premio de Alemaña de 1954
Daimler-Benz AG (1954-1955) En 1954, Mercedes-Benz volveu ao que agora coñécese como Fórmula 1 (un campionato do mundo fundado en 1950), usando a tecnoloxía avanzada do Mercedes-Benz W196. O coche construíuse tanto na configuración de rodas aberta convencional como na forma aerodinámica con rodas cubertas e carrozaría máis ampla. Juan Manuel Fangio, o campión de , transferido a metade de tempada desde Maserati a Mercedes-Benz para a súa debut no Gran Premio de Francia o 4 de xullo de 1954. O equipo tivo un éxito inmediato e logrou un dobrete con Fangio e Karl Kling, así como a volta rápida (Hans Herrmann). Fangio gañou tres carreiras máis en 1954, gañando o campionato.
O éxito continuou na tempada de Fórmula 1, co desenvolvemento do Mercedes W196 durante todo o ano. Mercedes volveu dominar a tempada, con Fangio gañando catro carreiras, e o seu novo compañeiro de equipo Stirling Moss gañando o Gran Premio de Gran Bretaña. Fangio e Moss terminaron primeiro e segundo no campionato dese ano. O desastre nas 24 Horas de Le Mans o 11 de xuño que causou a morte do piloto de Mercedes Pierre Levegh e a de máis de 80 espectadores provocou a cancelación dos Grandes Premios francés, alemán, español e suízo. O equipo retirouse do deporte do motor, incluíndo a Fórmula Un, ao final da tempada.
Mercedes GP e Mercedes AMG Petronas F1 Team (2010-presente)
Mercedes regresou á Fórmula Un na tempada 2010 logo de comprar unha participación minoritaria (45,1%) no equipo Brawn GP xunto con Aabar Investments que comprara o 30% o 16 de novembro de 2009, Ross Brawn continuou nas súas funcións como director do equipo e o equipo mantivo a súa base e forza de traballo en Brackley, preto da planta de motores de Mercedes de Fórmula Un. Trala compra do equipo, así como un acordo de patrocinio con Petronas, o equipo foi rebautizado como equipo Mercedes GP Petronas de Fórmula Un O equipo ten unha historia complexa; que se remonta a Tyrrell Racing, que competiu como construtor desde ata , ata que foi comprado por British American Tobacco para converterse en British American Racing en . BAR, que formara unha sociedade con Honda, co tempo converteuse en Honda Racing F1 Team en , cando BAT retirouse do deporte. De novo cambiou de mans en , cando Honda retirouse, e foi comprado pola dirección do equipo, dándolle o nome de Brawn GP, o do director do equipo Ross Brawn. Brawn utilizou motores de Mercedes-Benz HighPerformanceEngines, e malia correr cun baixo orzamento, Jenson Button gañou seis das sete primeiras carreiras, e finalmente, o Campionato do Mundo de pilotos de , Brawn GP tamén gañou o título de construtores. Foi a primeira vez en sesenta anos de historia deste deporte que un equipo gañou os dous títulos na súa primeira tempada. miniatura|left| Nico Rosberg marcou o primeiro podio de Mercedes como equipo desde 1955 no Gran Premio de Malaisia de 2010. Mercedes contratou aos pilotos alemáns Nico Rosberg, ao sete veces campión do mundo Michael Schumacher, que regresou á Fórmula Un logo dunha ausencia de tres anos, e a Nick Heidfeld como piloto de probas e reserva. Dos pilotos de Brawn 2009, Jenson Button asinou por McLaren, mentres que Rubens Barrichello ocupou o asento de Rosberg no equipo Williams para o 2010. Coa adquisición de Brawn, Mercedes puxo fin á súa participación en McLaren, a empresa matriz Daimler AG vendeu de novo a súa participación do 40% en McLaren Group, sen deixar de fornecer motores ao equipo.
O rendemento do equipo durante o ano non foi tan competitivo como cando era Brawn, con Mercedes detrás dos tres equipos principais Ferrari, McLaren e Red Bull. Os seus mellores resultados fíxoos Rosberg acabando no podio en tres ocasións, anotando terceiros lugares en Sepang, Shanghai e Silverstone. Rosberg finalmente terminou no sétimo lugar, pero Schumacher tivo un rendemento decepcionante, batido polo seu compañeiro de equipo e terminando a tempada sen unha soa vitoria nin podio, pole ou volta rápida por primeira vez desde a tempada de . Tamén estivo involucrado nunha polémica en Hungría logo de acurralar ao seu ex compañeiro de equipo en Ferrari Rubens Barrichello contra o muro a 290 km/h. Finalmente, o equipo terminou en cuarto lugar no Campionato de Construtores, con 214 puntos.
miniatura|right| Michael Schumacher no Gran Premio de Malaisia de 2011 Antes da tempada , Daimler e Aabar compraron a participación restante do 24´9% da propiedade ao director do equipo en febreiro de 2011. Co novo MGP W02, o Gran Premio de Australia de 2011 terminou cando ambos Schumacher e Rosberg se retiraron debido aos danos por accidente nas voltas 19 e 22, respectivamente. En Malaisia, Rosberg clasificouse noveno e Schumacher volveu fallar na Q3, cualificando undécimo. Schumacher anotou os primeiros puntos da tempada de Mercedes cun noveno posto, mentres que Rosberg tivo unha carreira tranquila e terminou duodécimo. En China, Rosberg e Schumacher mostraron unha boa forma, Rosberg finalizou quinto, e foi líder durante catorce voltas da carreira, mentres que Schumacher terminou a carreira en oitava posición. Rosberg engadiu outro quinto lugar en Turquía, mentres que en España, Schumacher terminou sexto, por diante de Rosberg.
Logo dun insubstancial Gran Premio de Mónaco de 2011, Schumacher igualou o seu mellor resultado en Mercedes en Canadá, terminando cuarto logo de chegar a estar segundo. En Valencia, Rosberg terminou sétimo, e Schumacher 17º, despois de bater con Vitaly Petrov. Rosberg e Schumacher terminaron nos puntos nas dúas carreiras seguintes en Gran Bretaña e Alemaña. Problemas na caixa de cambios deixaron a Schumacher sen puntuar en Hungría, pero Rosberg logrou terminar no noveno lugar. No Gran Premio de Bélxica de 2011, Schumacher subiu desde o fondo da grella, logo de perder unha roda na cualificación, para terminar quinto, mentres que Rosberg terminou en sexto lugar, logo de liderar a carreira nas súas primeiras etapas. Unha vez máis, o equipo terminou en cuarto lugar no Campionato de Construtores do mesmo xeito que en , con 165 puntos sen vitorias, podios ou poles.
miniatura|left| Michael Schumacher no Gran Premio de Mónaco de 2012
Para o , o equipo retirou o GP do seu nome e engadiu as siglas AMG, a división de alto rendemento de Mercedes, ao seu nome. O equipo coñecerase como Mercedes AMG Petronas F1 Team. Ao comezo da tempada o equipo foi obxecto de protesta polo uso dun concepto "radical" do alerón traseiro no Mercedes F1 W03, que non se resolveu ata a terceira carreira na China, cando os comisarios rexeitaron unanimemente a protesta.
Na terceira carreira da tempada en China, Rosberg logrou primeira pole position do equipo como equipo oficial desde Fangio en ; Schumacher terminou a sesión en terceiro lugar, pero avanzou ata o segundo logo dunha penalización na grella para Lewis Hamilton. O equipo conseguiu a súa primeira vitoria en 57 anos, cando Nico Rosberg terminou primeiro no Gran Premio da China de 2012. Ademais diso, Rosberg converteuse no primeiro piloto alemán en gañar un Gran Premio pilotando un coche alemán desde a vitoria de Hermann Lang no Gran Premio de Suíza de 1939.
O 28 de setembro de 2012, anunciouse que o piloto de McLaren Lewis Hamilton uniríase ao equipo desde a tempada en diante, logo de asinar un contrato de tres anos para correr como compañeiro de Nico Rosberg. O 26 de maio de 2013 Nico Rosberg aproveitou a pole para conseguir para Mercedes a súa primeira vitoria de 2013 no Gran Premio de Mónaco. A continuación Mercedes ocupou o terceiro lugar no Gran Premio do Canadá cortesía de Hamilton, seguido doutra vitoria para Rosberg no Gran Premio de Gran Bretaña despois de que Mercedes lograra un 1-2 na cualificación. Posteriormente, o equipo celebrou a súa terceira vitoria da tempada despois de que Hamilton lograra a súa primeira vitoria no equipo no Gran Premio de Hungría, o que resultou un segundo lugar por diante de Ferrari no campionato de construtores.
Oito títulos de construtores consecutivos (2014-2021)
miniatura| Mecánicos traballando no Mercedes F1 W05 Hybrid de Nico Rosberg no Gran Premio de Australia de 2014.