Ethel María Vázquez Mourelle, nada en Ponteceso en 1972, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Filla de Manuel Jesús Vázquez Barca. Estudou EXB no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso. Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña. Foi presidenta de Augas de Galicia. En setembro de 2010 foi nomeada directora da Axencia Galega de Infraestruturas. Dende o 18 de xuño de 2014 é conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. En outubro de 2015, pola remodelación do Goberno, quedou unicamente como conselleira de Infraestruturas e VivendaNúñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.. Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia.
Nas eleccións de 2020 volveu ser elixida deputada no Parlamento de Galicia, e en setembro de 2021 volveu deixar o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas «Yo estudiaba mucho, era muy responsable», La Voz de Galicia, 15/11/2009 .
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1972 Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia