El Despertar Marítimo foi un periódico editado en Vigo entre 1926 e 1927.

Historia e características Apareceu o 15 de decembro de 1926. Quincenario anarcosindicalista voceiro da Federación Regional Marítima integrada na Confederación Rexional Galaica da CNT. Estivo dirixido por José Villaverde Velo até a súa suspensión polas autoridades. O último número apareceu o 1 de xullo de 1927. Foi substituído por ¡Despertad!.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1926 en Galicia