José Antonio Peteiro Freire, nado en Mezonzo o 20 de xullo de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 2010"Funeral por monseñor" , artigo en El Correo Gallego, 26 de marzo de 2010 ., foi un relixioso franciscano e bispo católico galego, arcebispo de Tánxer entre 1983 e 2005.
Traxectoria Naceu en 1936, no Campo da Feira, na parroquia de Mezonzo, concello de Vilasantar. En 1949 ingresou no seminario do convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón, onde estudou cinco anos de Bacharelato. O 20 de agosto de 1954 tomou os hábitos, facendo o noviciado no convento de San Francisco do Val de Deus. Iniciou os estudos de Filosofía no Convento de San Diego de Canedo (Ponteareas), seguíndoos en Compostela e rematando en Salamanca en 1962.
Membro da Orde dos Freires Menores, foi ordenado sacerdote o 17 de marzo de 1962. O 2 de xullo de 1983 foi nomeado arcebispo de Tánxer, sendo consagrado bispo o 24 de setembro do mesmo ano por Duraisamy Simon Lourdusamy, entón secretario da Congregación para a Evanxelización dos Pobos. Retirouse o 23 de marzo de 2005, pasando a ser entón arcebispo emérito. Pasou os seus últimos anos na enfermería da igrexa de San Francisco de Noia, e foi soterrado na súa parroquia natal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas José Antonio Peteiro Freire, en Catholic Hierarchy
Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en Vilasantar Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Bispos católicos de Marrocos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Franciscanos de España