A Cancela á Brea é un lugar do concello de Dodro, pertencente á parroquia de Dodro. A súa poboación no ano 2015 era segundo o IGE de 69 persoas; 33 homes e 36 mulleres.
Non constaba na edición de 2003 do Nomenclátor de Galicia, pero incorporouse na de 2026 por constar nas bases de datos do INE.
Etimoloxía Cancela (do latín cancelli) canceleira, celosía. Brea (do latín vereda); verea, sendeiro, camiño, que á súa vez procede da palabra céltica veredu; cabalo de posta.
A Cancela á Brea é cancela da verea, do camiño, vereda en latín, do galo veredu; "cabalo de posta". É nome case sempre asociado á rede viaria romana ou medieval e designaba o camiño público polo que circulaban as postas ou "veredi". No Vocabulario de José Santiago Crespo Pozo brea é "camiño real antigo".
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Dodro
Parroquias de Dodro
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Dodro
Categoría:Lugares de Dodro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía