La Verdad foi un periódico editado en Ferrol entre 1931 e 1936.

Historia e características Subtitulado Órgano de la Derecha Regional Gallega, apareceu o 4 de outubro de 1931.La Voz de Galicia, 4-10-1931, p. 8.El Ideal Gallego, 19-12-1931, p. 1. Semanario dirixido por Vicente Mayor Gimeno,El Ideal Gallego, 18-2-1932, p. 6. que foi substituído na dirección por Fernando Pérez Barreiro.La Voz de Galicia, 3-12-1933, p. 8. Entre os seus colaboradores figuraron Enrique Montenegro, Julio Murua, Javier Casares e Juan Blas Domínguez.La Voz de Galicia, 29-9-1931, p. 8. Converteuse en diario a principios de agosto de 1932.La Voz de la Verdad, 7-8-1932, p. 5. Periódico afecto a Acción Popular, foi suspendido polo Ministerio da Gobernación en agosto de 1932, con motivo dos sucesos do 10 de agosto. Reapareceu o 15 de outubro de 1932.El Ideal Gallego, 13-10-1932, p. 1.O número 11 apareceu o 24 de decembro de 1932. El Correo Gallego, 28-12-1932, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1931 en Galicia