A amfidromia () era unha celebración da Grecia antiga que se facía no quinto ou sexto día do nacemento dun neno.

Era un festival familiar dos atenienses, no cal o neonato era introducido na familia, e no que os fillos das familias humildes recibían os seus nomes. As familias adiñeiradas celebraban unha cerimonia do nome ó cabo de dez días o dekate. Esta cerimonia, ó contrario que a amfidromia, estaba aberta ó público por invitación. Non había un día sinalado para celebrar a amfidromia e non tiña lugar inmediatamente despois do nacemento debido a que na antigüidade non era infrecuente que os cativos morresen antes de cumprir unha semana. Polo tanto, a festa facíase ó cumprir uns poucos días porque confirmaba que o neno tiña posibilidades de sobrevivir.

Consistía principalmente en dar voltas arredor dunha fogueira, co neno no colo, presentándoo ós deuses lares e dándolle un nome diante dos parentes. Tamén era costume que estes fixesen pequenos agasallos ó meniño. A celebración remataba cun banquete.

Véxase tamén Bibliografía Smith, William. Dictionary of Greek and Roman Antiquities. 1842. [Ver en liña] Golden, Mark. "Children and Childhood in Classical Athens." Johns Hopkis press. 1990 Desiderius Erasmus, Adagiorum chiliades, Adagium IV ii 33: Amphidromiam agis

Categoría:Grecia antiga Categoría:Mitoloxía grega Categoría:Festas da Grecia antiga