Irlanda participou por primeira vez no Festival da Canción de Eurovisión (gaélico: Comórtas Amhrán Eorafíse) en 1965 en Nápoles, participando en cada edición, excepto en dúas: en 1983 en Múnic e en 2002 en Tallin. Raidió Teilifís Éireann (RTÉ) é a emisora representante de Irlanda no Festival, e transmite o mesmo anualmente; a semifinal transmítese en RTÉ Two e a final en RTÉ One.RTÉ:Eurovision. RTÉ.ie. Recuperado o 5 de setembro de 2007.

Todas as súas cancións foron interpretadas en inglés, fóra diso "Ceol An Ghrá" (Música do amor), a canción de 1972, que estaba en gaélico.

Irlanda gañou por primeira vez en 1970 con Dana interpretando "All Kinds of Everything". En total, o país gañou sete veces, máis ca calquera outro, así como tantas organizacións posteriores, todas elas (menos unha) en Dublín. En 1993 foi organizado en Millstreet, un pobo de 1,500 persoas no oeste do Condado de Cork.Millstreet. Cork-Guide.ie. Recuperado o 5 de setembro 2007.

Participacións Irlanda competiu no festival case continuamente desde o seu debut. Só houbo dous anos nos que non participou, 1983 e 2002. En 1983 unha folga en RTÉ significou que a radiodifusora non tivese recursos para enviar a un representante. No seu lugar, RTÉ transmitiu o festival con comentarios da BBC. En 2002 Irlanda foi relegada do festival debido á súa mala posición anterior de 2001, pero malia iso RTÉ emitiu o festival celebrado en Tallin e enviou un comentarista.

Irlanda enviou 42 cancións a Eurovisión; das cales gañaron sete, e dezaoito terminaron entre os cinco primeiros postos aínda que nas últimas edicións obtivo baixas posicións.

Tres artistas representaron ao país no festival en máis dunha ocasión, todos eles ganadores: Johnny Logan gañando en ambas ocasións, a primeira en 1980 e a segunda en 1987, sendo a única persoa en habelo logrado. Ademais, Logan escribiu outras cancións para Linda Martin, que gañou o festival con "Why Me?" en 1992. Niamh Kavanagh, que gañou en 1993, volvería en 2010.

En case todos os festivais onde houbo orquestra (ata 1998) a canción irlandesa era conducida por Noel Kelehan. As excepcións foron en 1965 (conduciu Gianni Ferrio), 1970 (Dolf van der Linden), 1972-1975 (Colman Pearce), 1979 (Proinnsias O'Duinn), 1994 (Non houbo condutor, aínda que Kelehan conduciu outras cancións) e en 1997 (Frank McNamara).

miniatura|right|250px|Ryan Dolan en Malmö (2013) miniatura|right|250px|Jedward en Düsseldorf (2011)

miniatura|250px|O pavo Dustin en Belgrado (2008) miniatura|250px|Dervish en Helsinqui (2007)

Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts 2015 Austria 2014 Copenhague Can-Linn feat. Kasey Smith "Heartbeat" 10px 10px 12 35 2013 Malmö Ryan Dolan "Only love survives" 26 5 08 54 2012 Bakú Jedward "Waterline" 19 46 06 92 2011 Düsseldorf Jedward "Lipstick" 08 119 08 68 2010 Oslo Niamh Kavanagh "It's for you" 23 25 09 67 2009 Moscova Sinéad Mulvey & Black Daisy "Et cetera" 10px 10px 11 52 2008 Belgrado Dustin the Turkey "Irlande douze pointe" 10px 10px 15 22 2007 Helsinqui Dervish "They can't stop the spring" 24 5 20px 20px 2006 Atenas Brian Kennedy "Every song is a cry for love" 10 93 09 79 2005 Kíiv Donna & Joseph McCaul "Love?" 10px 10px 14 51 2004 Istanbul Chris Doran "If the world stops turning" 22 7 20px 20px 2003 Riga Mickey Harte "We've got the world" 11 53 2002 Tallin Non participou 2001 Copenhague Gary O'Shaughnessy "Without your love" 21 6 2000 Estocolmo Eamonn Toal "Millennium of love" 06 92 1999 Xerusalén The Mullans "When you need me" 17 18 1998 Birmingham Dawn Martin "Is always over now?" 09 64 1997 Dublín Marc Roberts "Mysterious woman" 02 157 1996 Oslo Eimear Quinn "The Voice" 01 162 02 198 1995 Dublín Eddie Friel "Dreamin'" 14 44 1994 Dublín Paul Harrington & Charlie McGettigan "Rock 'n' Roll Kids" 01 226 1993 Millstreet Niamh Kavanagh "In Your Eyes" 01 187 1992 Malmö Linda Martin "Why Me?" 01 155 1991 Roma Kim Jackson "Could it be that I'm in love" 11 47 1990 Zagreb Liam Reilly "Somewhere in Europe" 03 132 1989 Lausana Kiev Connolly & The Missing passengers "The real me" 18 21 1988 Dublín Jump the Gun "Take him home" 08 79 1987 Bruxelas Johnny Logan "Hold Me Now" 01 172 1986 Bergen Luv Bug "You can count on me" 04 96 1985 Gotemburgo Maria Christian "Wait until the weekend comes" 06 91 1984 Luxemburgo Linda Martin "Terminal 3" 02 137 1983 Múnic No participó 1982 Harrogate The Duskeys "Here today, gone tomorrow" 11 49 1981 Dublín Sheeba "Horoscopes" 05 105 1980 A Haia Johnny Logan "What's another year" 01 143 1979 Xerusalén Cathal Dunne "Happy man" 05 80 1978 París Colm C. T. Wilkinson "Born to sing" 05 86 1977 Londres The Swarbriggs "It's nice to be in love again" 03 119 1976 A Haia Red Hurley "When" 10 54 1975 Estocolmo The Swarbriggs "That's what friends are for" 09 68 1974 Brighton Tina Reynolds "Cross your heart" 08 11 1973 Luxemburgo Maxi "Do I dream?" 10 80 1972 Edimburgo Sandie Jones "Ceol on ghrá" 15 72 1971 Dublín Angela Farrell "One day love" 11 79 1970 Ámsterdam Dana "All kinds of everything" 01 32 1969 Madrid Muriel Day "The wages of love" 07 10 1968 Londres Pat McGeegan "Chance of a lifetime" 04 18 1967 Viena Sean Dunphy "If I could choose" 02 22 1966 Luxemburgo Dickie Rock "Come back to stay" 04 14 1965 Nápoles Butch Moore "I'm walking the streets in the rain" 06 11

Votacións Irlanda benefíciase ocasionalmente do voto entre veciños por parte do Reino Unido, aínda que non foi así en 2007. Antes da introdución do televoto, os xuíces irlandeses tendían a darlle ao Reino Unido máis ou menos a mesma cantidade de puntos que os demais países. Desde a aparición do televoto ambos países outorgáronse puntuacións por encima da media.

Estatisticamente, Irlanda é o oitavo mellor país para predicir ao ganador (detrás de Montenegro, o agora extinto Serbia e Montenegro, os Países Baixos, Suíza, Suecia, Polonia e Hungría), outorgándolle unha media de 8.56 puntos ao país ganador cada ano ao longo dos seus 25 aparicións desde que se implementou o sistema de puntos actual. Só dúas veces (Turquía en 2003 e Acerbaixán en 2011) non lle outorgou puntos ao país ganador.Estatísticas compiladas e dispoñibles aquí (desprazarse á metade da páxina).

Irlanda benefíciase ocasionalmente do voto entre veciños por parte do Reino Unido, aínda que non foi así en 2007. Antes da introdución do televoto, os xuíces irlandeses tendían a darlle ao Reino Unido máis ou menos a mesma cantidade de puntos que os demais países. Desde a aparición do televoto ambos países outorgáronse puntuacións por encima da media. Desde a adopción do sistema de puntos actual en 1975, Irlanda deu e recibido puntos de 39 países.

Nos últimos anos Irlanda sempre adoita dar altas puntuacións aos tres Estados Bálticos, tanto en semifinais (12 puntos a Letonia en 2007,12 a Lituania en 2009,12 a Lituania en 2010, 10 a Estoniana e 7 a Letonia en 2011) como na final (12 puntos a Lituania e 10 a Letonia en 2007;12 a Letonia en 2008; 10 a Lituania e 7 a Estoniana en 2011).

Final

Irlanda recibiu a maior cantidade de puntos de... Lugar País Puntos1 Reino Unido1872 Suecia1833 Noruega1514 Suíza1505 Israel142

Irlanda outorgou a maior cantidade de puntos a... Lugar País Puntos1 Reino Unido1442 Francia1393 Suecia1134 Alemaña1085 Noruega100

12 puntos Ano País Ano País Ano País 1975 1988 2001 1976 1989 2002 Non participou 1977 1990 2003 1978 1991 2004 1979 1992 2005 1980 1993 2006 1981 1994 2007 1982 1995 2008 1983 Non participou 1996 2009 1984 1997 2010 1985 1998 2011 1986 1999 2012 1987 2000 2013

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas RTÉ

Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Música de Irlanda