As horas de cartón é unha novela de Lois Xosé Pereira, publicada por Edicións Xerais en decembro de 1985, logo de recibir nese mesmo ano o II Premio Xerais"1985, IIº Premio Xerais" , artigo no blog de Edicións Xerais, 8 de abril de 2008.. Foille concedido ese ano o Premio estatal da Crítica á narrativa galega.
Argumento
Clara é unha muller luguesa de 45 anos, profesora de literatura castelá. En novembro de 1975, coincidindo coa morte de Francisco Franco, fai recapitulación da súa propia vida. Está casada con Gonzalo, un médico que coñeceu mentres estudaban na Universidade de Santiago de Compostela que ten unha forte militancia política. Con el tivo un fillo, Mario, con problemas de desenvolvemento intelectual. Mais Gonzalo marchou a Inglaterra, onde ten outra parella e dúas fillas.
Narración A obra vai alternando o punto de vista narrativo, usando a terceira persoa e a primeira. Hai numerosas analepses ao longo da vida dos protagonistas. É unha narración moi experimental, con parágrafos longos e puntuación infrecuente.
A trama discorre principalmente en Lugo, con acción tamén en Santiago de Compostela, Madrid e París.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial.
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 1985 Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Obras gañadoras do Premio Xerais Categoría:Edicións Xerais de Galicia