GodzillaGodzilla é a transcrición oficial rexistrada por Toho en 1955. ou Gojira (en xaponés ゴジラ) é un filme xaponés de ciencia ficción kaiju producido en 1954 por Toho. Foi dirixido por Ishirō Honda con efectos especiais de Eiji Tsuburaya.
Sinopse Cando un barco xaponés é atacado por un raio de luz preto de Odo Island, outro barco é enviado a investigar, sufrindo o mesmo destino. Na vila os vellos culpan un monstro mariño coñecido como Godzilla. Cando o arqueólogo Kyohei Yamane chega á illa con outros investigadores atopan pegadas radioactivas xigantes e un trilobite. Yamane volve a Tokyo e presenta os seus achados, concluíndo que Godzilla foi creado por unha explosión nuclear.
Personaxes Akira Takarada como Momoko Kōchi como Akihiko Hirata como Takashi Shimura como Fuyuki Murakami como Sachio Sakai como (xornalista) Ren Yamamoto como (pescador) Toyoaki Suzuki como Shinkichi (irmán máis novo de Masaji) Tsuruko Umano como Nai de Shinkichi Tadashi Okabe como Axudante do Dr. Tanabe Jiro Mitsuaki como Empregado d Nankai Salvage Company Ren Imaizumi como Radio Officer Nankai Salvage Company Kenji Sahara como Asistente á festa Sokichi Maki como Xefe na Axencia de Seguridade Marítima Haruo Nakajima como Godzilla Katsumi Tezuka como Godzilla
Versión estadounidense En 1955 o filme foi exhibido nos cines estadounidenses, especialmente en veciñanzas con poboación xaponesa. O ano seguinte Jewell Enterprises re-montou o filme, eliminou moitas escenas e combinou o material orixinal con outras protagonizadas por Raymond Burr interpretando un reporteiro que cubría as actividades do monstro. Esta versión, titulada Godzilla, King of the Monsters! foi estreada no Xapón en 1957 e foi tamén moi popular.
Secuelas O filme deu lugar a unha saga de vinte e sete secuelas, ademais de imitacións, parodias e homenaxes. Nos Estados Unidos rodáronse dous filmes sobre o monstro, unha versión en 1998 e outra en 2014.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ensaio "Godzilla: Poetry After the A-Bomb" de J. Hoberman" G,history G-FAN Magazine Monster Zero News Godzilla en Rotten Tomatoes Godzilla en Metacritic
Categoría:Filmes de 1954 Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes rodados en Tokyo Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes de terror con animais Categoría:Filmes sobre dinosauros Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes ambientados en Tokyo