O tesouro de Bedoya é un conxunto de pezas de ouro e prata atopadas en Ferrol e conservadas no Museo de Pontevedra.
Historia
dereita|miniatura
dereita|miniatura O nome do tesouro vén dado polo apelido da familia Bedoya que o atopou descoñecéndose o lugar exacto do seu achado ou procedencia. Foi atopado na década de 1940 nunha eira no lugar da Chousa, na parroquia de Doniños. Francisco Bedoya Fojo mandou limpar a leira, e o servente atopou un pequeno caldeiro de bronce con algo que brillaba no interior. O atopado foi gardado durante 10 anos no faiado da casa. O tesouro foi amosado a Xosé Filgueira Valverde, entón director do Museo de Pontevedra, que certificou a súa autenticidade. O 12 de outubro de 1953 o Museo de Pontevedra mercou o tesouro por 30.000 pesetas.
Descrición O tesouro está formado por pezas de ouro de orixe castrexa e por aneis e moedas de ouro e prata da época romana:
Un diadema de ouro; Dúas arracadas de ouro, de tipo arriñonado; Dúas arracadas de ouro, de tipo laberintiforme; Un anel signatario de ouro, con entalle; Un anel de ouro, cunha pedra (ametista) engarzada; Dous áureos, datados entre os anos 54 e 85 despois da era actual; Vinte e sete denarios de prata, datados entre os anos 63 antes da era actual a 91 despois da actual; Un caldeiro de bronce, o que contiña o tesouro.
Véxase tamén
Outros artigos Tesouro
Ligazóns externas O tesouro de Bedoya: análise de localización. GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS. Anuario Brigantino. Sección de ourivería do Museo de Pontevedra
Bedoya Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Ferrol Categoría:Cultura castrexa Categoría:Gallaecia Categoría:Museo de Pontevedra