As deidades primordiais son unha serie variable de deidades que aparecen nas cosmogonías e teogonías da mitoloxía grega. Segundo os mitos, existiron nos inicios do mundo, xeralmente identificadas con elementos ou principios naturais. Esas deidades son o grupo orixinal a partir do cal descenden tódolos demais deuses. Precederon ós titáns, descendentes de Gaia e Urano.

Hesíodo Segundo a Teogonía de Hesíodo (arredor do -700):

Caos (baleiro, ar, arché) (ás veces poeticamente é feminino) Erebo, a escuridade (masculino) e Nicte, a noite (feminino). Éter, a luz (masculino) e Hemera, o día (feminino). Gaia, a Terra (feminino) Urano, o ceo (masculino). Ourea, as montañas (masculino). Ponto, o mar (masculino). Tártaro, o inframundo (masculino). Eros, a procreación (masculino).

Outras fontes Ananke, o destino (feminino) Chronos, o tempo (masculino) Hidros, as augas primixenias (masculino) Thesis, a creación (feminino) Fanes, a aparencia ou Himeros, o primoxénito (masculino, ás veces descrito como hermafrodita) Fusis, a natureza (feminino) Nesoi, as illas (feminino) Talasa, o mar (feminino) Ofión, a cobra (masculino)

Notas

Categoría:Deuses gregos