, nado en Setagaya, Tokyo o 28 de decembro de 1968, é un enxeñeiro e astronauta xaponés da JAXA. O 30 de agosto de 2012, Hoshide converteuse no terceiro astronauta xaponés en camiñar no espazo.

Carreira de astronauta esquerda|miniatura|Hoshide tirando unha foto no espazo nunha actividade extravehicular (EVA) o 5 de setembro de 2012, co Sol nas costas. En febreiro de 1999, Hoshide foi seleccionado pola NASDA (hoxe JAXA) como un dos tres astronautas xaponeses candidatos da Estación Espacial Internacional (EEI). Comezou o programa de adestramento básico da EEI en abril de 1999 e converteuse en astronauta en xaneiro de 2001. Dende abril de 2001, participou no adestramento avanzado da EEI, e ademais colaborou no desenvolvemento do sistema de hardware do Módulo Experimental Xaponés Kibō e no vehículo de transferencia H-II (VTH).

En maio de 2004, completou o seu adestramento como enxeñeiro de voo da Soiuz-TMA no Centro de Adestramento de Cosmonautas Iuri Gagarin en Star City, Rusia, e despois trasladouse ó Centro Espacial Lyndon B. Johnson. Asemade, completou o adestramento de candidato a astronauta da NASA e foi asignado á tripulación do STS-124, o segundo dos tres voos que lanzaron compoñentes á Estación Espacial Internacional para completar o laboratorio Kibō en maio de 2008.

Despois de regresar á Terra STS-124, Hoshide dedicouse a dar charlas a estudantes sobre a súa misión espacial. Visitou colexios como o Assumption St. Bridget School e o Instituto Thomas Jefferson de Ciencia e Tecnoloxía.

Posteriormente volvería á Estación Espacial Internacional o 15 de xullo de 2012 na Soiuz TMA-05M. Durante a súa estadía, gravou a primeira actuación de voz no espazo para un cameo no episodio 31 da serie de animación Space Brothers, que se estreou o 4 de novembro de 2012.

O seu selfie espacial de 2012 converteuse no máis famoso dos listados no 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na NASA

Categoría:Astronautas do Xapón Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1968