Ramón del Valle Bermúdez de Castro, nado en Vilanova de Arousa en 1823 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1890,La Voz de Galicia, 17-1-1890, p. 1. foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria Foi mariño, navegando como piloto contador no barco de guerra Atalaya. Despois foi secretario do Goberno civil de Pontevedra. Foi redactor de La Opinión Pública. En Vilagarcía foi director de El Eco de la Ría de Arosa e fundou La Voz de Arosa; tamén colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Poeta, foi laureado pola súa composición "A la ría de Arosa" nun certame de Compostela."Ramón del Valle", El Correo Gallego, 22-2-1890, p. 1.

Vida persoal Casou con Dolores de la Peña Montenegro e foi pai de Ramón María del Valle-Inclán.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1890 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público