Francisco Alberto García, nado o 31 de decembro de 1981 en Santo Domingo, é un xogador dominicano de baloncesto profesional que é axente libre.
Traxectoria profesional García foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Sacramento Kings. Na súa tempada coma rookie, García xogou 67 partidos, 11 deles coma titular, nos que fixo 5.6 puntos por encontro. En setembro de 2008, asinou cos Kings unha extensión de contrato por cinco anos.
O 20 de febreiro de 2013, García foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Thomas Robinson e Tyler Honeycutt a cambio de Patrick Patterson, Toney Douglas e Cole Aldrich.
O 5 de agosto de 2013, García asinou un novo contrato cos Rockets. O 19 de decembro de 2014, foi cortado polos Rockets tras a adquisición de Corey Brewer e Alexey Shved nun traspaso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Santo Domingo Categoría:Xogadores de baloncesto da República Dominicana Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Houston Rockets