O xeraniol é un monoterpenoide e un alcohol oloroso. É o compoñente principal dos aceites de rosa, palmarosa, e citronela (tipo Xava). Tamén aparece en pequenas cantidades no xeranio, limón, e moitos outros aceites esenciais. Ten o aspecto dun aceite claro amarelo pálido. e é insoluble en auga, pero soluble nos solventes orgánicos máis comúns. Ten un recendo a rosas e utilízase comunmente en perfumes. Utilízase nos aromas a melocotón, framboesa, pomelo, mazás vermellas, ameixas, lima, laranxa, limón, sandía, ananás, e arando.
Uso O xeraniol é un efectivo repelente de orixe vexetal dos mosquitos.UF entomologist develops safe, effective alternative to DEET insect repellents , Univ. of Florida, 1999 Ademais, pode atraer ás abellas, xa que é producido polas glándulas odoríferas das abellas do mel para marcaren con el as flores que teñen néctar e localizaren as entradas ás súas colmeas.
Aínda que o xeraniol e outros compostos olorosos se atopan de forma natural no tabaco envellecido, o xeraniol aparece na lista de 599 aditivos engadidos ao tabaco para mellorar ao seu aroma elaborada en 1994 por varias compañías tabaqueiras.What's in a cigarette? en about.com
Bioquímica O grupo funcional baseado no xeraniol (o xeraniol sen o seu OH terminal) denomínase xeranil. É importante na biosíntese doutros terpenos. É un subproduto do metabolismo do sorbato, o que fai que sexa un contaminante indesexado do viño se nel crecen bacterias.
Reaccións En solucións ácidas, o xeraniol convértese no terpeno cíclico alfa-terpineol.
Saúde e seguridade O xeraniol debería ser evitado polas persoas que teñen alerxias a perfumes.Survey and health assessment of chemical substances in massage oils
Compostos relacionados Citral, o aldehido correspondente Nerol, o isómero con dobre enlace Rodinol, un alcohol terpénico relacionado Xeranil pirofosfato Xeranilxeranil pirofosfato
Notas
Véxase tamén Outros artigos Espectro MS do xeraniol Propiedades do xeraniol, animacións, ligazóns
Categoría:Monoterpenos Categoría:Alcohois Categoría:Alquenos